1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130115 duziasGaliza - CIG - A protesta realizouse coincidindo coa declaración no xulgado dunha das persoas ás que se lle abriu proceso pola protesta contra a visita de Merkel.


Ducias de persoas concentráronse na mañá deste luns diante dos xulgados da Coruña en rexeitamento á represión e á criminalización da protesta social e en apoio a Paulo Carballada, que hoxe tivo que prestar declaración ao ser unha das cinco persoas que até o momento recibiron comunicación de sancións económicas e de apertura de procesos penais pola súa participación na mobilización contra a troika do pasado 25 de agosto, con motivo da visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Compostela.

Para a CIG, estas actuacións hainas que enmarcar na política represiva e de intento de criminalización da mobilización que o PP está a empregar co obxectivo de frear a resposta social. Unha estratexia para a que mesmo se vale da manipulación de atestados policiais para avalar as denuncias contra os e as participantes nas protestas e buscando aplicar castigos exemplarizantes. Neste caso concreto, contra Paulo Carril, Afonso Losada, Xabier Aboi, Paulo Carballada e Rubén Cela.

A respecto dos informes policiais, resulta rechamante que malia a gravidade dos feitos que se lle imputan a algunha destas persoas –supostamente un deles intentou facerse coa arma dun policía e outro deu cun obxecto punzante a un axente- non se produciu no día da protesta ningún tipo de detención nin de identificación.

Nesta liña represiva e de recorte de dereitos hai que entender tamén a Lei de Seguridade Cidadá (máis coñecida como lei mordaza), que dará cobertura legal a este tipo de manipulacións, pois tanto no inicio do procedemento sancionador, como na fase de instrución do procedemento penal, dáselle veracidade ás declaracións das forzas e corpos de seguridade, que se converten en inatacábeis. Ao mesmo tempo prohíbese a gravación das actuacións da policía (por parte dos medios de comunicación e de particulares), suprimíndose así a posibilidade de utilizar estas imaxes como defensa. Ábrese a porta, pois, a un estado de carácter policial.

Máis razóns para mobilizármonos

En canto ás sancións e procesos abertos por mor da mobilización contra as políticas da troika, Paulo Carril, secretario de Organización da CIG, cuestiona "en que situación estamos de vulneración de dereitos cando o que se pretende é criminalizar a resposta social dun pobo que se rebela" ante unha "visita indigna" e "provocadora" de persoas que son "expresión desa política destrutiva para o noso país que provoca pobreza, emigración e o desmantelamento do noso tecido produtivo e que nos mantén na miseria con recortes sociais e laborais brutais".

Xunto a isto, denuncia a "manipulación" e a "montaxe" que, por parte do goberno do PP, se está a facer. Unha montaxe que considerou que ten como único obxectivo "amedrentar" para laminar a resposta social.

Adiantou que se seguirán a manter as protestas e asegurou que o único que fai isto é "darlle máis razóns ao conxunto das clase populares galegas" para continuar denunciando non só esas políticas senón tamén "a represión que se quere impor a base da manipulación de atestados policiais e de tretas que, por parte da subdelegación do goberno, se articulan nese intento de cercenar o exercicio de dereitos fundamentais".

Carril subliñou que montaxes como esta xa se veñen padecendo en Galiza desde hai anos e que, en ocasións anteriores, "tense demostrado que son falseados, sen que a fiscalía actúe". Por iso, diante da gravidade das denuncias presentadas, manifestou que "agardamos que nesta ocasión a fiscalía actúe con contundencia se efectivamente din que estamos nun Estado de Dereito, que xa vemos que non é tal".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.