1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

351873710 afa7ea5cab zGaliza - GAPLGS-CACT - Mudamos de ano pero para o preso Javier Guerrero Carvajal non mudou nada, continúa a súa folga de fame e engadiu folga de sede á súa protesta contra ás decisións arbitrarias e crueis da administración penitenciaria e polo trato degradante e torturas á poboación reclusa.


Foto de Simone Ramella (CC by/2.0)

Onte (07/01) cumpríronse 23 días de folga de fame (dende o 12 de decembro pola noite) e dende o 3 de xaneiro comezou folga de sede. Despois da promesa por parte da subdirección de seguridade de quitarlle o parte co que suspendéronlle o permiso que tiña concedido para o pasado 30 de decembro, a situación continua igual, ou peor aínda se atendemos ao grave estado de saúde que padece despois de tantos días sen inxerir alimentos e ademais dos dias sen beber que leva, o que empeora a súa situación sanitaria na que atopábase previamente e ás secuelas que deixáronlle outras dúas folgas de fame que xa fixera outras veces.

Pesa case 11 quilos menos e xa ten principios de hipoglicemia e fallo renal segundo as últimas análises que lle fixeron na enfermaría de prisión. Finalmente o 5 de xaneiro trasladárono ao hospital.

"É evidente a crueldade da administración cando é capaz de suspender un permiso en fin de ano a alguén por non levar etiquetaxe un discman. Primeiro, coaccionan as testemuñas do sucedido para rematar trasladando a Javi a outro módulo. Agora a dirección de prisión pretende trasladalo a Sevilla", explican do grupo de apoio a presos en loita Galiza Sur-CACT.

Ademais, comentan, "así, o cárcere crea un problema onde non había, instrúe partes de sanción ilegalmente e cando hai protesta coacciónase as testemuñas, intimídase as persoas abusando do seu poder. No momento en que comeza a facerse pública a situación, queren desfacerse do problema trasladando a persoa presa; ao que parece que o xulgado de vixilancia penitenciaria fai caso omiso e non atende ás queixas das persoas cuxos dereitos debería protexer".

Dende o Grupo de Apoio a Presos en Loita Galiza Sur-CACT (coordinadora anticarcelaria cárcel igual tortura) peden o máximo apoio para Javi e a máxima difusión do desesperado acto de protesta que está a realizar.

Esixen que:

- se retire o procedimento sancionador iniciado.

- se lle retorne o seu dereito ao permiso ordinario que tiña, na máxima brevidade.

- O cese  das coaccións e torturas psicolóxicas e físicas ás que son sometidas  as persoas presas que actúan para defender os seus dereitos.

- o exercicio efectivo do control xudicial da administración penitenciaria en materia de seguridade e réximen.

"O actuar despótico no cárcere de A Lama é xa de dominio público"- consideran, e "claramente contrario aos dereitos humans". Contundente debe ser o apoio aos e as  que defienden @s que están en situación de maior vulnerabilidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.