1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

rotsemcomperGaliza - Sermos Galiza - Activistas da asemblea veciñal denuncian que o goberno local está a actuar con "puro fascismo" e advirten que "a loita continúa".


Após máis dun mes de protestos na rotonda da avenida Castelao, no barrio de Coia (Vigo), esta cuarta feira (7 de xaneiro) a asemblea veciñal reanudou a protesta contra a colocación do Bernardo Alfageme mais a policía local --através do Grupo de Operacións de Apoio (GOA)-- desaloxou as persoas concentradas do interior da rotonda e procedeu á identificación da maior parte delas.

"Na última asemblea decidimos volver á rotonda coincidindo coa incorporación dos operarios do sector da construción ao seu traballo", explica en conversa con Sermos Galizao activista Xosé Sánchez. "Entramos na rotonda, porque está valada e fechada cunha tea. Por volta das 8:30h chegou un número moi importante de policía e foron empurrándonos até botarnos fóra".

Malia a actuación policial a veciñanza continúa nos arredores da glorieta para impedir que os operarios poidan proceder á instalación do buque. "O que está claro é que o noso obxectivo é paralizar a obra", apunta Sánchez.

Desde a asemblea veciñal denuncian o "fascismo" co que está a actuar a policía local e o goberno de Abel Caballero. "Desde as fiestras hai persoas que nos aplauden" para lles amosar a súa solidariedade "e a policía sácalles fotos", denuncian. Unha actitude que non coidan democrática e que se suma ás sancións recibidas por varios condutores que premeron o claxón dos seus vehículos en apoio á veciñanza concentrada. Acción pola que foron sancionados con até 45 euros de multa.

Investigación xudicial

A asemblea aberta de Coia afirma que non cesarán na súa loita contra a colocación do barco Alfageme, que tildan de "despilfarro" e manteñen a súa denuncia perante a Fiscalía na que se está a investigar un suposto delito de prevaricación na adxudicación das obras. O vindeiro 26 de xaneiro representantes do movemento veciñal reuniranse co fiscal quen considera suficientes os incidios presentados pola asemblea para iniciar a investigación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.