1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051214 policiaGaliza - CUT - O Governo do PP, seguindo o ditado da Patronal e das políticas que emanam da Troika, está já a trabalhar num rascunho de Real Decreto através do qual será possível ilegalizar o sindicalismo de classe, quer dizerr, aquelas opçons sindicais como a nossa que nom aceitam nem transigem com o sistema nascido da Reforma Política franquista. Pode parecer alarmista o que estamos a dizer, mas é assim. Aviso a navegantes.


O rascunho do R.D. que xa está en mans das distintas patronais para que fagan as achegas pertinentes, establece a posibilidade de suspensión ou disolución dunha organización sindical, cando "faga deixación da súa acción propiamente sindical", entendida esta como a xestión acrítica e non socio-política, ou mesmo por negarse a entrar na concertación ou diálogo social. Case nada!

Ao Réxime, nesta nova etapa histórica de laminación dos dereitos laborais e civís, non lle interesa a existencia dun sindicalismo de clase que poña en evidencia a explotación patronal ou o propio Réxime. Queren "sindicatos" mansos e dóciles que lexitimen as súas políticas neoliberais.

Na mesma orientación do disparate xurídico coa intención de tutelar as forzas sindicais clasistas, este borrador de Real Decreto que sutilmente viría a desenvolver a L.O.L.S., establece criterios de control electrónico do rexistro dos estatutos das organizacións sindicais absolutamente atentatorios co dereito fundamental de liberdade sindical. Detrás disto virá a intervención fiscal dos sindicatos, e non precisamente para acabar coa corrupción nin cos sumidoiros das corporacións sindicais do Réxime.

Para o mes de xaneiro está previsto en Euskal Herria un encontro do todo arco sindical clasista, nacional e alternativo do Estado Español para analizar o calado de esta nova agresión ao sindicalismo de clase e os dereitos universais da clase traballadora.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.