1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

041214 polGaliza - STOP Despejos Corunha - Depois de umha semana desde que o Concelho da Corunha executou o despejo da casa de Isabel e Álvaro em San Vicente de Elvinha, Stop Despejos da Corunha queremos transmitir o que alí vivemos junto com a vizinhança do lugar e as pessoas solidárias que acudírom.


En primeiro lugar, a ninguén lle pasou por alto a represión que a cidadanía da Coruña sufriu nese día por parte do Concello a través do corpo de antidisturbios da Policía Nacional e a Policía Local. Precisamente estes días temos feito un chamado a todas aquelas persoas que padeceron a brutalidade policial, xa fora a través da violencia física ou das ameazas e actitudes intimidatorias dos axentes alí presentes, para que reunir probas destas agresións.

Pola nosa parte, contamos alomenos dúas persoas que perderon o coñecemento nas cargas policiais, tanto na invasión da finca dunha veciña por parte dos antidisturbios, como no interior do recinto da casa de Álvaro para desaloxar ás persoas solidarias. Tamén neses primeiros pasos do desaloxo, a Policía Local causou lesións nos brazos a varias persoas ó retorcerllos para obrigalas a saír fóra da casa.Hai que ter en conta que a nosa resistencia foi en todo momento pacífica.

Houbo ademáis graves neglixencias por parte da Policía Local no protocolo de seguridade de entrada na casa poñendo en perigo a vida das persoas que estaban alí: por unha banda, a pala excavadora derrubou as árbores para entrar no recinto sen ter en conta quealguén podería estar debaixo; e por outro lado, a Policía Local improvisou unhas escaleiras que non estaban atornilladas para que baixase a xente que se pechara no alto da casa, rematando nunha caída polo oco das mesmas dun compañeiro do colectivo que podería terlle custado a vida.

Outro aspecto máis da desfeita na que se convertiu o desaloxo da casa de Isabel e Álvaro foi o derrubo do seu taller sen tomar as medidas de seguridade necesarias para tratar con materiais altamente contaminantes como o amianto dos tellados. Este derrubo fíxose directamente, sen ningún tipo de control, con centos de persoas ó redor, supoñendo un grave risco para a súa saúde.

Denunciamos tamén a complicidade do Concello da Coruña, e en concreto do Concelleiro de Urbanismo Martín Fernández Prado, así como do alcalde Carlos Negreira, cos intereses lucrativos e especulativos de empresas privadas como Acciona, que ten o contrato de urbanización do Parque Ofimático. Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña levamos meses sinalando a falta de coordinación deste Concello para resolver as demandas sociais daquelas persoas en situación de vulnerabilidade desta cidade, e observamos con indignación como si son capaces de coordinarse perfectamente coa Policía e empresas privadas para botar a unha familia do seu fogar e reprimir á veciñanza solidaria: a pala excavadora pertencía á mesma Acciona e as funcionarias que acudiron para notificar o desaloxo non se dirixiron en ningún momento a Álvaro ou á súa avogada alí presente. É máis, a propia Policía Local botouna do recinto a empurróns, impedíndolle asistir a todo o proceso.

Ante a política mafiosa do Concello, é de resaltar a solidariedade veciñal vivida en Elviña durante o desaloxo, a dignidade amosada polo corpo de bombeiros da Coruña ó negarse a colaborar, así coma o compromiso dos medios de comunicación que mesmo tiveron que facer fronte ás tentativas policiais de impedir que se informara do que estaba a acontecer.

A veciñanza de Elviña sigue reivindicando que se respete o núcleo de San Vicente, barrio da cidade que o Concello da Coruña quere facer desaparecer. As súas alegacións reclamando a desafectación do Plan seguen esperando resposta, e non se van deter ante os abusos dun Concello que só pensa nos intereses privados dos grandes especuladores.

Por iso mesmo queremos convocar xunto coa veciñanza afectada a unha acción reivindicativa no rexistro do Concello da Coruña mañá XOVES 4 de DECEMBRO ás 10.00h (10.30h para atención ós medios).

Elviña non se vende!!

Acción en apoio da veciñanza de Elviña

afectada polo Plan Ofimático

Xoves

4 de Decembro

Rexistro do Concello da Coruña (Praza de Mª Pita)

10:00hrs.

10:30hrs.

(atención a medios)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.