1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

15295289055 6e8be9bcdf z 2Galiza - SDC - As Plataforams de Afectad@s pola Hipoteca e os Colectivos Stop Desafiuzamentos de toda a Galiza lanzaron onte (02/12) publicamente o Manifesto "Nós non temos medo", un manifesto aberto á sinatura e referendo de todos os colectivos sociais do país, co obxectivo de confluìr en concentracións simultáneas diante das catro Subdelegacións do Goberno, para denunciar a criminalización e represión contra os movementos sociais.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Despejo em Arins (Compostela) com suporte policial.

Cada vez son máis as persoas que exercitan o dereito á desobediencia civil contra as actuacións inxustas que ameazan todos os anos a miles de persoas con expulsalas pola forza da súa vivenda e botalas á rúa sen oferecerlle ningunha alternativa habitacional, infrinxindo así claramente ó dereito de todas as persoas a unha vivenda digna, tal como ten recoñecido xa repetidamente o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Cando as institucións vulneran o dereito a unha vivenda digna (como ten pasado, entre outros, nos casos de Aurelia Rey, Elisabet Salnes, ou a familia de Arins, ou a de Elviña) aparece a obriga de procurar defendelo impedindo coa resistencia pacífica a actuación inxusta das comisións xudiciais e forzas policiais. Ante o cal o goberno está respondendo dun xeito represivo, practicando detencións arbitrarias, poñendo multas, golpeando inxustificadamente a persoas que resisten pacificamente e tratando de meter medo para impoñer pola forza o que non é capaz de resolver co diálogo e o respecto obrigado dos dereitos das persoas.

Pero para que haxa unha democracia de verdade hai que escoitar á xente, por que o pobo é quen máis ordena. E para dicirlle ao goberno que non faran calar coa súa represión, que a cidadanía organizada non ten medo, que sabe o poder que ten cando actuamos unidos, e que se reafirman en que continuarán desobedecendo as leis inxustas en defensa dos dereitos humanos sempre que sexa necesario, as plataformas fan un chamamento a toda a cidadanía para concentrarse o próximo xoves 18 de decembro diante das catro Subdelegacións do Goberno, onde darán lectura ao manifesto a seguir.

 

"NÓS NON TEMOS MEDO. MANIFESTO CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DOS MOVEMENTOS SOCIAIS E A REPRESIÓN.

Cada vez somos máis as persoas que exercitamos o dereito á desobediencia civil contra as actuacións inxustas que ameazan todos os anos a miles de persoas con expulsalas pola forza da súa vivenda e botalas á rúa sen oferecerlle ningunha alternativa habitacional, infrinxindo así claramente ó dereito de todas as persoas a unha vivenda digna, tal como ten recoñecido xa repetidamente o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Cando as institucións vulneran o dereito a unha vivenda digna (como ten pasado, entre outros, nos casos de Aurelia Rey, Elisabet Salnes, ou a familia de Arins, ou a de Elviña) nós vémonos obrigadas a procurar defendelo impedindo coa nosa resistencia pacífica a actuación inxusta das comisións xudiciais e forzas policiais. Ante o cal o goberno está respondendo dun xeito represivo, practicando detencións arbitrarias, poñendo multas, golpeando inxustificadamente a persoas que resisten pacificamente e tratando de meter medo para impoñer pola forza o que non é capaz de resolver co diálogo e o respecto obrigado dos dereitos das persoas.

Pero para que haxa unha democracia de verdade hai que escoitar á xente, por que o pobo é quen máis ordena.

E para dicirlle ao goberno que non nos faran calar coa súa represión, que a cidadanía organizada non temos medo, que sabemos o poder que temos cando actuamos unidos, e que reafirmámonos en que continuaremos desobedecendo as leis inxustas en defensa dos dereitos humanos sempre que sexa necesario, facemos un chamamento a toda a cidadanía para concentrarnos o próximo xoves 18 de decembro diante das catro Subdelegacións do Goberno, onde daremos lectura ao manifesto que acompañamos."

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.