1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Ofimatico 171114 02Galiza - SDCorunha - Dende Stop Desafiuzamentos Coruña informan do inminente desaloxo e derrubo da casa de Isabel López Barreiro e Álvaro Corral López afectada polas obras do Parque Ofimático. O citado desaloxo e derrubo está previsto, segundo notificación á familia, para a mañá do Xoves 27 ás 09:00h.


Foto de Stop Despejos Corunha - Manifestaçom de apoio passado dia 20.

Durante a mañá de onte (24/11), Álvaro e máis veciños afectados polas obras do Ofimático, acudiron á Concellería de Urbanismo a falar co responsable de Urbanismo Martin Fernandez Prado , logo de máis de 5 meses agardando por unha reunión que nin o citado responsable nin o Concello concederon en ningún momento.

Na conversa mantida, o concelleiro de Urbanismo Martín Fernández Prado remarcou que o desaloxo efectuaráse “si ou si” ao longo desta semana, e tal é a premura que ten o Concello no desaloxo da familia de Álvaro e Isabel que unha das funcionarias alí presentes pretendía notificarlle ao afectado a orde de desaloxo alí mesmo, saltándose tódolos procedementos formais previstos para este tipo de actuacións. Ante a petición de desafectación da veciñanza do Plan xeral, que a vontade política solucionaría, negouse a valorar sequera a petición.

A mesma vontade que se nega a executar o derrubo do edificio Fenosa é a vontade que garante desaloxar pola forza, ameazar, coaccionar e presionar ás familias de Elviña que dende fai máis de 50 anos habitan este lugar. O responsable de Urbanismo mostrou unha rotunda negativa a desafectar a esta veciñanza, amparándose na necesidade de efectuar as obras dunha ponte tan innecesaria como mal deseñada.

Cómpre salientar como o Concello oferta pisos de protección oficial en reximen de alugueiro ás persoas que só queren continuar vivindo no fogar onde o levan facendo durante décadas. Curioso resulta como o Concello da Coruña negou sempre este recurso a persoas vulnerables en casos precedentes como Aurelia Rey ou Elisabeth Sanlés, esta última desafiuzada sen alternativa residencial, vulnerando a Declaracion de Dereitos Humanos que no seu artigo 25 di “Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como a súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios. Observamos como o Concello da Coruña impón a dependencia, a espiral da pobreza e no presente caso o desaloxo como medida, o derrubo como solución e a irresponsabilidade política beneficiaria do lucro privado como forma de goberno.

Isabel e Álvaro van ser desaloxados da súa casa familiar, do lugar de Elviña do que forman parte, vestixio a partires do xoves 27 dun tempo pasado onde os coidados da comunidade e as redes de veciñanza estaban moi por riba dos anhelos de riqueza e as necesidades empresariais que se atopan tras a premura do Concello por desaloxar veciñas e convertir as súas vidas nunha molestia para o avance de "un falso progreso económico que de social e comunitario non ten nada e de prevaricación e engano, teno todo", explican da plataforma coruñesa.

Este Mércores 26 ás 20:00h , STOP Desafiuzamentos Coruña fai un chamado á cidadanía a sumarse á concentración que se fará na casa de Isabel e Álvaro para amosar o apoio colectivo co que contan, así como a forza dun corpo social "perante as agresións políticas constantes dun Concello que goberna en contra das necesidades e intereses comunitarios e a favor da chantaxe de promotoras da construcción e especuladores profesionais". Como aconteceu o pasado xoves día 20, "demostraremos que a forza e vontade da xente pode moito máis que o capricho caciquil dunha clase política encerrada no seu castelo, mais pendente de garantir o beneficio privado que de satisfacer e paliar as necesidades e carencias sociais".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.