1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

stopdespamesGaliza - SDC - Logo dunha longa xuntanza sostida esta mañá cunha representación do goberno municipal amiense encabezada polo Alcalde foron poucas as solucións e moito o interese do Concello de provocar a expulsión a Compostela da afectada.


Foto: Nesta mesma semana houvo concentraçons em Bertamirans, Ames.

Ao tempo que ás portas do Concello de Ames se mantiña unha mobilización de dúcias de persoas para denunciar a crítica situación da afectada C.M.G.D, unha representación de Stop Desafiuzamentos mantivo unha xuntanza cunha representación do Goberno Municipal encabezada polo Alcalde na que este non achegou ningunha solución á situación da veciña, máis alá de insistiren na interesada estratexia do Goberno Municipal de abonarlle a mísera cuantía de 250€ en concepto de fianza e provocar así a expulsión desta veciña do Concello e a derivación do expediente de emerxencia social a Compostela.

A afectada, cun menor ao cargo e un único ingreso de 400€ dende o pasado mes de febreiro, nunha grave situación de emerxencia social leva tempo nas mans dos Servizos Sociais amienses na procura dunha solución que non dá chegado. O nulo compromiso do Goberno Municipal en achegar medidas concrétase a día de hoxe no ofrecemento e concesión dunha axuda única que pode rondar os 250€ coa que intentar incentivar e provocar a mudanza desta veciña a Compostela, opción que ela leva tempo explorando ante a situación de miseria e nulas achegas económicas do Concello.

Mais esta situación non é illada: segundo a versión dos propios responsábeis políticos, o sistema de axudas municipal limítase na Ordenanza a tres. Unha axuda de alugueiro cunha duración de tres meses e unha axuda de alimentos e subministros durante seis, sen posibilidade de prórroga, que configuran un sistema de auxilio social que resulta unha auténtica estafa á opinión pública, establecido co único fin de encubrir a súa incompetencia, e que só permite adiar durante tres meses a situación de extrema pobreza das afectadas, tras os que se verán outra volta sen ningún recurso nin axuda municipal. Este é un problema estrutual do municipio que Stop Desafiuzamentos denunciará no seu momento.

De maneira pouco sorpresiva na práctica de xestión do Goberno do Partido Popular de Ames, á saída do encontro desta mañá, o Goberno Municipal publicou na súa web unha nova absolutamente descontextualizada, e que non recolle o contido da xuntanza mantida. Nunha situación de extrema emerxencia semellan ter algo que celebrar, e non celebran outra cousa que a expulsión da veciña do Concello amiense. Unha actitude cínica dun goberno que non está a por enriba da mesa ningun compromiso para axudar a esta nai e ao seu fillo menor a superar a súa situación de falta absoluta de ingresos. E por suposto que tampouco, para auxiliar a esta familia diante dun inminente desafiuzamento por impago de rendas: nin alternativas habitacionais, nin económicas,  tan só a súa absoluta e lamentable alegría por estar conseguindo botar do municipio a esta familia, despois de terlle cortado esta semana o subministro de auga.

Stop Desafiuzamentos fai pública a súa valoración sobre o cinismo e o amarelismo co que o goberno está a tratar a situación desta afectada, e anuncia que desenvolverá todas as medidas mobilizadoras que sexan necesarias, até que  C.M.G.D teña unha solución inmediata enriba da mesa e se modifique de maneira inmediata o indigno sistema de axudas municipais que ten como único obxectivo mercadear coa pobreza e procurar a fotografía oficial á conta da miseria da veciñanza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.