A lei coa que Partido Popular pretende calar a populación. Esta lei non é nin máis nin menos que a plasmación nunha norma dos recortes de dereitos e liberdades que estamos a sufrir desde a chegada do Partido Popular ao goberno baixo os supostos obxectivos da proteción da cidadanía. É dicir, supón a criminalización da protesta cidadá.
Durante a concentración darán amplia información sobre a lei a todas aquelas persoas que se acheguen á mesma. Da Asemblea encoraxan a ir e infórmarse sobre a Lei Mordaza ou de inseguridade cidadá.
Evento: https://www.facebook.com/events/403358759822677
Datos: Ferrol, 22 de novembro de 2014 ás 17:30 horas na Praza de Armas