1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

14403725024 b5c76df679 zGaliza - CSPP - Un compañeiro recibiu unha notificación para informalo que se iniciaba un procedimiento sancionador contra a súa persoa pola participación no acto realizado para acompañar a Pepita Seoane aos Xulgados da Coruña.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - O ato solidário com Pepita polo qual agora chegam denúncias policiais.

O Acompañamento foi realizado o 12 de Xuño de 2014 debido a citación da compañeira por presunto enaltecemento do terrorismo por unhas declaracións realizadas a “El Mundo”. Esta data será lembrada na cidade porque se conseguiu realizar un acto solidario e moi masivo pese ao horario laboral, 9:30. Incluso no atestado mencionase que en torno a 50 ou 60 persoas se deron cita. Debido a este e outros feitos xa coñecidos os “corpos de seguridade do Estado” dende primeira hora tiveron unha amplia presencia na praza de Monforte e os Xulgados. No auto enviado fan un resumo do ocurrido ese día con indicacións moi presisas como as pancartas utilizadas, “Tod@s con Pepita contra a Represión” sirve de cabeceira seguida en segunda línea doutra co texto “Audiencia Nacional Tribunal Fascista”.  Tamén trasladan o momento no que os acompañantes saen da Praza dirección ao Xulgado permanecendo nas escaleiras cando Pepita entra a declarar acompañada dun dos seus fillos e a súa avogada, feito que se inclue de maneira máis detallada.

Estos feitos considéranos constitutivos de sanción porque o compañeiro non sigue as ordes, continua co acompañamento a Pepita realizando canticos continuados polos ali presentes e non permite a entrada aos Xulgados do público pese a insistencia das “forzas do orde” pra que abandone ese lugar, mantendo resistencia ante o intento de desplazalo do lugar de transito.

A primeira proposta de sanción é de 150€. Varios compañeiros presentes no acompañamento están a espera de recibir esta proposta porque nesa data viviuse unha persecución xa acostumada nos movementos solidarios con identificacións realizadas incluso fora da zoa dos Xulgados a uns compañeiros que se dirixian aos seus fogares.

Debido aos feitos ocurridos naquela data e que volven estar de actualidade do Comité de Solidariedade cos Presos e Presas Políticas solicitan toda a solidariedade co compañeiro sancionado e que ante novos procedementos sancionadores estes sexan feitos públicos públicos para entre todos os colectivos conseguiren que a solidariedade mostrada ese 12 de Xuño siga vixente na cidade da Coruña perante este tipo de actos denunciables por todxs.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.