1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

6352087219 93a34a8552 zGaliza - ODS Coia - Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta.


Foto (PPdG, CC by-nd/2.0) - O presidente da Junta com o defraudador conde Roa, ambos do mesmo PP que agora manda os inspetores contra beneficiárias/os da RISGA.

Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

Coa escusa de controlar os casos de fraude dentro dos perceptores da RISGA a Xunta obriga a pasar a moitas persoas por unha nova rolda de recoñecemento, volvendo a preguntar por datos e a pedir explicacións sobre feitos que coñecen dabondo.

A Xunta lonxe de arranxar a desfeita da RISGA, preocupase agora por controlar o fraude dentro do colectivo de perceptores da RISGA. Do grupo vigués ODS Coia explican que "a RISGA nestes momentos esta marcada pola restritiva aplicación dunha nova lei sen desenvolver, polos elevados meses de agarda, por contías de miseria, por cobertura social ridícula" e ainda que "está moi ben que a Xunta se preocupe por como se empregan os cartos de todas, pero en vez de sinalar ás persoas máis vulnerables economicamente, aconsellamos que comece mellor por controlar ás grandes fortunas e empresas e o seu abano de medios para evadir impostos. Acaso non hai sentenzas, datos, investigacións abertas… que apuntan a que os cartos de todas escapan sempre ás mans dunha minoría? Déixennos tranquilas!"

A RISGA e outras axudas sociais son consecuencia da necesidade que teñen os poderes de simular que “parchean” -iso si, con moitos límites- as consecuencias máis sangrantes dun sistema económico excluínte e inxusto. Moitas veces falamos do mal reparto da riqueza no capitalismo; para a ODS Coia as saídas non pasan pola esmola das axudas sociais, senón por superar a RISGA e chegar á Renda Básica das iguais, como dereito de toda persoa a unha contía coa que cubrir as necesidades elementais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.