1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

15295289055 6e8be9bcdf z 1Galiza - Stop Despejos Compostela - José, Begoña e o seu fillo de 10 anos viven na zona de Padrón. Como tantos miles de familias compraron unha vivenda cando os seus ingresos familiares llo permitían. Como a tantos miles de familias a crise pillounos desprevidos, José enfermou e o seu traballo na construción foise ao caldeiro; a secuela desa enfermidade é unha minusvalía do 75%.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Despejo em Arins, com a polícia espanhola da parte da qual sempre está.

Concentración Stop Desafiuzamentos Compostela en apoio á José e Begoña fronte ó banco Sabadell. 
Martes 14 de Outubrol ás 10:00
r/Xeneral Pardiñas, 20

Esta familia tiña unha hipoteca co Banco Galego. Cando as cousas empezaron a ir mal economicamente para a familia, o banco en ningún momento lles informou dos seus dereitos e a posibilidade de acollerse ao Código de Boas Prácticas. Tras algúns non pagamentos o Banco Galego iniciou os trámites xudiciais de execución a súa hipotecaria.

Neses momentos a familia ponse en contacto con Stop Desahucios e en outubro de 2013 pídese ao banco que acolléndose á lei negocie coa familia unha moratoria xa que cumpren os requisitos de estar en risco de exclusión social.

O banco, continuando coa súa mala práxis, require nova documentación durante máis de dous meses pero en ningún momento oferta ningunha posibilidade real de negociación. Recordemos que a Lei 1/2013 recolle que o banco adscrito ao Código de Boas Prácticas ten un mes para dar resposta por escrito ás familias.

Tras diversas dilacións por parte da sucursal bancaria a sorpresa chega cando o Banco Galego pasa ás mans do Banco Sabadell e á familia comunícaselle que "non se sabe" cal é o novo protocolo de actuación e que é posible que teñan que reiniciar todo o proceso.

Agora o banco xa ten a documentación, xa sabe todo o que ten que saber, pero agarrándose a un cravo ardendo, nunha actitude cicatera, lles impide unha solución por unha débeda de 1.200 €. A familia, subsistindo con 326 € non pode facerlle fronte, o Banco Sabadell con millóns de euros dos nosos fondos públicos, di que tampouco.

Por todo isto, a plataforma compostelá concentrarase nesta terza-feira (14/10) fronte ao banco Sabadell, para denunciar que a NON resposta a esta solicitude da familia é unha forma de acoso que non van permitir. Esixen unha resposta a José  e Begoña. Esixen que o banco dea un respiro a esta familia amparada pola súa situación de risco de exclusión social.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.