1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8236010106 05ecf1b4a0 zGaliza - Esculca - Emilio Sánchez del Peso iniciou a súa protesta o día 14 de agosto. Malia o deterioro da súa saúde, inda non foi levado a enfermería nin ao hospital. Activistas da Campaña Cárcere=Tortura chaman a difundir “as habituais vulneracións de dereitos fundamentais” en prisión, especialmente nos módulos de illamento.


Foto de Fromback (CC by-nc/2.0)

Dende o día 14 do pasado mes de agosto, Emilio Sánchez del Peso atópase en folga de fame indefinida en protesta polos malos tratos e torturas que, afirma, están a recibir os presos do módulo de illamento do cárcere da Lama, na provincia de Pontevedra. Malia o avanzado deterioro do seu estado de saúde -pasou de 73 a 53 quilos dende o inicio do protesto- ainda non foi trasladado á enfermería nin ao hospital, informa o seu avogado Raúl López.

Integrante da Campaña Cárcere= Tortura, iniciativa de loita e difusión contra os malos tratos na cadea, Sánchez del Peso non reivindica nada para si propio. Pola contra, o seu obxectivo é “a divulgación da vulneración de dereitos fundamentais que acotío se producen nas prisións do estado español e, moi especialmente, nos módulos de illamento”, afirma unha activista da campaña.“Debemos contextualizar o protesto após o falecemento repentino do preso Eugenio García Serrano, alias Gaviotu, nese mesmo módulo de illamento de A Lama”, prosegue , caso polo que un familiar xa iniciou investigacións para esclarecer os feitos.

Pola súa banda, o letrado subliña que, ainda que Del Peso se atopa en prisión por pequenas condenas, leva maís de 10 anos clasificado en primeiro grado. Aliás, malia estar no último tramo da súa condena, “o máis laxo de todos”, ainda non gozou dos beneficios que pauta o ordenamento xurídico
penitenciario en aras da reinserción, tales como os permisos de saída ou mesmo a liberdade condicional. “É habitual que os presos que desenvolven lexítimos actos de protesta na cadea sexan castigados con sancións administrativas que carrexan a imposibilidade de progresaren de grado ou
mesmo o aumento da condena”, explica o avogado.

Así mesmo, López chama a atención sobre a demora do seu traslado a enfermería ou ao hospital. “O protocolo que se segue no caso das folgas de fame é , a partir dos 25 ou 30 días, o de trasladaren ao reo para facer un seguimento médico máis exhaustivo”, expón o xurista. “A única explicación desta
demora, após máis de 40 días de xaxún, é que o protesto de Emilio pon de manifesto o desleixo dos carcereiros no cumprimento das súas funcións, en canto a garantiren a seguridade e a integridade física dos presos”, resolve.

Reivindicacións e apoio público

No concreto, a folga de fame de del Peso procura difundir as reivindicacións da Campaña Cárcere=Tortura, que aglutina 60 presas e presos e que apoian decenas de activistas a prol dos dereitos humanos de todo o estado, entre os que se atopan avogados, educadores e traballadores sociais, xornalistas e estudantes, entre outros.

As súas reivindicacións son as seguintes: Facer públicas “as torturas e malos tratos habituais” no sistema penitenciario español, principalmente nos módulos de illamento. Denunciar a “conivencia do servizo sanitario” e “a inactividade das institucións públicas” perante as vulneracións de dereitos. Pór
de manifesto “a ineficacia das denuncias de torturas, constantemente arquivadas”. Repudiar “a brutal represión” que sofren as presas e presos integrantes da Campaña por medio de “sancións encubertas”.

Finalmente, chamar atención sobre o “elevado número de mortes na cadea”, algo que segundo recorda o letrado Raúl López, é “responsabilidade directa da administración”. Alén dos muros da prisión, a folga de fame de Emilio Sánchez del Peso foi arroupada con diferentes actos en diferentes puntos da xeografía do estado. Concentracións, pintadas e faixas deixáronse ver en diferentes cidades e vilas e mesmo en actos públicos como na Vuelta Ciclista a España, ao seu paso por Galiza, ou no decorrer das Olimpíadas Galegas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.