1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

051014 14 bandeirasGaliza - Diário Liberdade - Diferentes entidades juvenis do ámbito nacional galego emitírom comunicados solidários com o jovem marinhao detido pola Guarda Civil e conduzido a Madrid sob acusaçom de "terrorismo".


O jovem independentista, vítima desde o momento da detençom de umha campanha mediática de criminalizaçom coordenada com as forças repressivas espanholas, está detido sob isolamento total, o que o deixa sem proteçom diante do corpo militar que o mantém preso na capital espanhola.

Reproduzimos a seguir os comunicados emitidos polas organizaçons juvenis Briga, Isca! Galiza Nova e Xeira, todas elas do ámbito soberanista galego.

Briga

Solidariedade com o Raul

A detençom de Raúl, jovem de 24 anos natural de Barreiros, mantivo onte o espetáculo mediático à volta da açom policial contra o alegado terrorismo galego. Os media levavam vários dias a publicitar as palavras do delegado do governo em que anunciava a rápida obtençom de resultados para deter responsáveis do ataque ao concelho de Baralha, e a localizaçom de supostos "líderes independentistas radiciais" no sul de Portugal.

Raúl, conhecido em Compostela pola sua dedicaçom e apoio aos presos e presas independentistas assim como a amig@s e familiares dos mesmos, foi seqüestrado a primeira hora da tarde num operativo da Guardia Civil que envolveu o registo do seu fogar e o seu traslado a Madrid. Sob aplicaçom da Lei Antiterrorista, o Raúl poderia passar até 5 dias isolado, sem defesa nem acesso a um tribunal, em maos da polícia espanhola.

BRIGA quer reconhecer o trabalho do jovem independentista desde que começara a sua militáncia política. Animar às suas familiares, achegad@s e companheir@s, e apoiar as iniciativas mobilizadoras pola sua repatriaçom e liberdade.

Porque estamos pola detençom e o processamento dos culpáveis da miséria da juventude trabalhadora galega. Pola perseguiçom da burguesia galega e espanhola espoliadoras e ladroas. E contra a criminalizaçom do independentismo e da juventude mais consciente.

LIBERDADE INDEPENDENTISTAS!

NOM PODE SER: PATRIOTAS À CADEIA E CORRUPTOS NO PODER!

 


 

Isca!

Contra a represión e a vulneración de dereitos

Perante a detención dun militante independentista na cidade de Compostela e o desmedido dispositivo da Guardia Civil debemos mostrar, en primeiro lugar, a nosa solidariedade co detido e o noso rexeitamento ás campañas mediático-policiais que teñen como obxecto criminalizar os movementos populares no seu conxunto e, nomeadamente, o movemento independentista. Para mostra o acoso ao que está sometido o tecido asociativo de base soberanista. Neste caso, como en todos, demandamos aos medios empresariais o respeito á presunción de inocencia e ás forzas policiais españolas o escrupuloso respeito aos dereitos civís e humanos.

A aplicación de medidas de excepción baseadas na lexislación chamada "antiterrorista" executadas pola Audiencia Nacional, herdeira directa do Tribunal de Orde Público franquista, a permisividade coas torturas ás detidas e as enormes campañas de criminalización son unha constante en diferentes puntos do Estado Español. Unha estratexia moi ben deseñada para calar, para silenciar, para debilitar ás organizacións que loitan polos dereitos dos pobos e, por outra parte, para crear unha alarma social ficticia para xustificar novas e máis brutais medidas contra o conxunto dos movementos de liberación nacional e social.

Esiximos un cenario onde poder exercer con completa normalidade a actividade política poñendo fin á represión e a todas as medidas de excepción coa derrogación da lei "antiterrorista" e que remate dunha vez por todas a dispersión penitenciaria, as torturas e a aplicación discrecional da prisión preventiva.

Contra a represión e a vulneración de dereitos, solidariedade e loita!

 


 

Galiza Nova

Perante a criminalización e vulneración dos dereitos: Soslidariedade con Raul!

detencionAo fío da detención de Raúl A.C. desde Galiza Nova queremos amosar a nosa solidariedade co veciño de Barreiros, a súa familia e amizades, perante a campaña de criminalización que se está a desenvolver e a vulneración de dereitos. Expresamos a nosa máis fonda preocupación e rexeitamento á campaña mediática de criminalización que, após o seu apresamento, iniciaron os medios de comunicación sistémicos. Unha campaña que visa, en última instancia, criminalizar a mocidade galega e o movemento independentista deste país.

Nas últimas horas foron vulnerados cuantiosos dereitos que se presupoñen inherentes a calquera persoa producíndose mesmo significativas faltas de rigor xornalístico nas informacións difundidas por algúns xornais dixitais que publicaron dados falsos a respecto do rexistro acontecido na xornada do 3 de outubro.

O dereito á intimidade, á propia imaxe e, por riba de todo, á presunción de inocencia debe ser respectado -e garantido- en todas as ocasións. E máis naqueles casos, coma este, onde os feitos adquiren especial relevancia mediática e son empregados, en non poucas ocasións, cun marcado e claro obxectivo político.

Neste senso, amosamos -como xa temos feito en anteriores ocasións- o noso firme compromiso na defensa dos dereitos humanos. Motivo polo que non podemos máis que alertar da clara indefensión na que se atopa, arestora, Raúl logo de serlle aplicada a denominada Lei antiterrorista. Un marco xurídico excepcional que, como confirman os sucesivos informes elaborados polo Comité europeo para a prevención da tortura e outras institucións internacionais como as Nacións Unidas, supón unha vulneración dos dereitos da persoa detida. Así é que amosamos o noso rexeitamento e demandamos a derrogación deste entramado xurídico-normativo en aras de garantir o dereito á lexítima defensa, o dereito á tutela efectiva e ás debidas garantías procesuais.

 


 

Xeira

Liberdade para Raul

Na xornada de onte produciuse unha nova agresión do Estado Español contra a esquerda independentista. Desta volta o peso do aparello represivo títere da oligarquía recaeu sobre o compañeiro Raúl A.C. A sentenza que por suposto non ditou ningún xuíz senon os medios de comunicación do réxime, que non dubidaron un segundo a súa miserenta lealdade ao amo que lles da de comer, sinalando ao mozo cos estigmas propios dunha agresiva ditadura do capital contra a súa disidencia.

A criminalización e persecución política á que nos vemos sometidas as que non queremos colonialismo, capitalismo e patriarcado obriganos a artellar entre todas una estratexia anti-represiva ampla, sen sectarismos, sen exclusións e que non sexa lexitimador (nin deslexitimador) de ninguna estratexia política concreta, no que entre outros se plasmen as reinvidicacións democráticas mínimas que o independentismo de clase ven sostendo históricamente e que hoxe facemos nosas:

Fin do réxime FIES e CIES.

Fin da dispersión.

Abolición da lei de partidos.

Abolición da lei "anti-terrorista"

Peche do tribunal herdeiro do fascismo "Audiencia Nacional"

Absolución para todas as procesadas polas loitas obreiras e democráticas.

Amnistía presas políticas.

Liberdade para o Raul!

 

 

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.