1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

15105449217 8c2bb3af6b zGaliza - RAMFT - A plataforma STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha concentración cidadá diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos e outras disposicións e convenios internacionais, reclamando que se apliquen as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto de moitos aspectos da lexislación hipotecaria española que a considera contraria ao disposto no dereito europeo.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Despejo hipotecário em Arins (Compostela), nesta mesma semana.

Esta mobilización encadra-se na campaña que a nivel estatal que comezan as Plataformas de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos afíns: "Comeza a conta atrás para tombar a Lei hipotecaria. ¡ Si se pode !  #Limite24D", con entrega simultánea na maioría dos xulgados decanos do conxunto territorio do Estado.

Día: Martes 23 de Setembro.

Lugar: Diante dos Xulgados de Ferrol.

Hora: Pola mañá ás 10:00 horas.

Obxectivo: Concentrar-se en protesta pola vulneración constante dos Dereitos Humanos nos procedementos de Execución Hipotecaria e apoiar o escrito que se lle vai entregar no Xulgado Decano solicitando

  • que se facilite o labor xurisdicional do partido xudicial de Ferrol aos/as xuíces encargados das execucións hipotecarias, entregando-lles a:
    • a Sentenza do TXCE Simmental, EU:C:1978:4,
    • a Sentenza do TXUE AZIZ EU:C:2013:164,
    • a Sentenza do TXUE Sanchez Morcillo,EU:C:2014:169,
    • a Sentenza do TXUE Monika Kusionava EU:C:2013:34,
  • para que @s xulgadores tras ter coñecemento das violacións do artigo 47 da CDFUE (Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea) cometidas poidan proceder a anular os procedementos de execución hipotecaria e subsidiariamente caso de non facelo, os suspendan e susciten cuestión prexudicial achega da lexislación vixente en materia de execución hipotecaria, especialmente a aprobada 5 de setembro de 2014 por ser contraria ao articulo 47 da CDFUE, á directiva 93/13 e á doutrina consolidada do TXUE
  • E a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria dada a vulneración constante do art. 38 e 47 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, así como de Convenios Internacionais nos que o Reino de España é parte e levan parellos a violación de DDHH, pola responsabilidade que xeraría á Administración de Xustiza.

Ademais de considerar de xustiza e un dereito humano inalienábel, o dereito a unha vivenda digna e adecuada para todas as persoas, a nivel legal consideramos que os procedementos de execución hipotecaria, tramitados de acordo cunha norma contraria ao dereito comunitario, e xa que logo ilegal, debe ser declarados nulos. E tal declaración de nulidade implica a anulación de todos os seus efectos así como a reparación do dano causado.

Escrito ao Xulgado


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.