1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170914 despGaliza - STOP Despejos Compostela - O colectivo Stop Despexos fai un chamado á poboación compostelá a deter o lanzamento xudicial programado para este venres 19 de setembro diante da incompetencia das Institucións.


A falta de sensibilidade do Xulgado de Primeira Instancia Nº1 de Compostela volve contrastarse despois da mobilización veciñal que na pasada semanas esixía no corazón de Aríns a paralización do desafiuzamento da familia de Carlos e María, sobre a que xa pesa a terceira ameaza de lanzamento, fixada para este venres 19 ás 9.15 horas da mañá.

Todo isto malia que a familia denunciou nos Xulgados do Penal unha posible estafa por parte dun prestamista que vén de ser derivada aos Xulgados de Lugo dende Santiago de Compostela. Como o colectivo leva denunciando reiteradamente, os Xulgados de Primeira Instancia de Compostela estarían a amparar esta situación de absoluta desprotección para unha familia que se ve ameazada coa perda do seu teito polas manobras voraces e usureiras do prestamista-arrendador que os avocou a esta calella sen saída.

Súmaselle a esta situación, como o colectivo leva denunciando, a presenza no domicilio familiar de convivintes en situación de especial vulnerabilidade, causa que obriga segundo os convenios existentes a unha opción de realoxo por parte da Xunta de Galiza e do Concello, sempre con carácter antecedente á execución de calquera desafiuzamento, e a unha especial atención dos Xulgados a este feito que polo de agora non se produciu, coordenando a actividade dos servizos sociais.

O colectivo denuncia que a única actuación dos servizos sociais referida a unha convivinte con graves problemas de mobilidade foi "métanna nunha Residencia", o que califican de "auténtica vergoña e desafío a calquera mínimo común ético, profesional e moral". Descoñécese aínda a día de hoxe actuación algunha das institucións dirixidas a procurar unha solución efectiva a esta situación. O colectivo acusa aos Xulgados, ao Concello e á Xunta de Galiza, cos seus correspondentes servizos de acción social, "de ter demostrado unha incompetencia manifesta que só fai agrandar a dor e o sufrimento dunha familia absolutamente desamparada se non pola legalidade, si por quen ten a obriga de aplicala".

Stop Desafiuzamentos Compostela fai unha chamada á solidariedade e convoca unha concentración ás 08.00 horas deste venres dinte da casa familiar, en Vilacova-Aríns, e prevese unha caravana de coches solidaria que sairá ás 07.30 horas dende o Csa Sar (Rúa Curros Enríquez 28, de Compostela), coa nidia intención de impedir que se execute o despexo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.