1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

100914 indultoGaliza - CIG - A CIG, CCOO e UGT convocan concentración semanais, a primeira este xoves no Marco de Vigo ás 20.00h


Os sindicatos CIG, CCOO e UGT decidiron retomar as mobilizacións -suspendidas durante o verán- para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga. As protestas, que terán continuidade semanal, comezan este xoves día 11 diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas. "O Executivo presidido por Mariano Rajoy xa llelo denegou nun primeiro intento, polo que é fundamental seguirmos a reclamar na rúa que se lles conceda o indulto para evitarmos que dous traballadores acaben en prisión por defenderen os dereitos da nosa clase", sosteñen dende as centrais.

As organizacións sindicais pretenden intensificar as mobilizacións en rexeitamento dunha decisión xudicial coa que se persegue criminalizar a defensa dos intereses da clase traballadora e para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto para os dous afectados.

Deste xeito, fixeron público un novo calendario de protestas que nun principio consta de concentracións semanais todos os xoves fronte ao museo Marco de Vigo ás 20.00 horas, a primeira delas este xoves 11.

Dende a CIG, CCOO e UGT explicaron que logo da sentenza inxusta que os condenou a tres anos de cárcere por faceren parte dun piquete informativo durante unha folga legal na demanda dun convenio colectivo xusto para o sector do transporte, Carlos e Serafín fican á espera de que o Goberno español lles conceda o indulto.

"O Executivo presidido por Mariano Rajoy xa llelo denegou nun primeiro intento, polo que é fundamental seguirmos a reclamar na rúa que se lles conceda o indulto para evitarmos que dous traballadores acaben en prisión por defenderen os dereitos da nosa clase", sosteñen.

Neste senso, apostan por continuar coa presión social sobre o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, e o propio presidente do Goberno central para que resolvan dunha vez e de maneira afirmativa a solicitude de Carlos e Serafín "e poñan fin ao sufrimento innecesario que padecen eles e as súas familias, ante esta cruel incerteza".

Finalmente, ademais de chamar á participación na protesta, solicitan colaboración para difundir a convocatoria. "Porque hoxe son eles, mais mañá podes ser ti a vítima dunha Xustiza que deixa impunes aos verdadeiros delincuentes (poderosos, corruptos, banqueiros...) e ao tempo afoga, con represión, ao pobo traballador que se rebela en defensa dos seus dereitos".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.