1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070914 stopdespejosGaliza - CIG - A asesoría da CIG interpuxo un contencioso-administrativo ao entender que coa medida a Subdelegación vulnerou os seus dereitos fundamentais.


Centos de persoas acudiron este xoves ás portas do edificio que alberga o xulgado do contencioso-administrativo da Coruña para trasladar o apoio e a solidariedade ao bombeiro municipal que se negou a intervir no intento de desafiuzamento de Aurelia Rey e ao que a Subdelegación do Goberno impuxo unha sanción administrativa de 600 euros, por considerar que coa súa actitude alterou a seguridade cidadá.

A CIG, que se sumou á convocatoria da concentración, denuncia o despropósito de todo o procedemento sancionador iniciado pola Subdelegación do Goberno contra un grupo de persoas –das máis de 200 presentes no lugar- que defendían dereito constitucional de Aurelia Rey a ter unha vivenda digna. A imposición destas multas responde á política do PP de criminalizar e perseguir a resposta cidadá e impedir a contestación nas rúas das medidas tan antosociais que está a aplicar pola vía da presión económica.

Neste senso, en declaracións aos medios, o propio afectado recalcou que os servizos de prevención e extinción "non deberíamos ter que realizar este tipo de servizos, nas nosas labores non está sacar a xente das súas casas. Iso era o que quería visualizar coa miña acción naquel día". Unha opinión estendida entre o colectivo de bombeiros/as, tal e como reflicten as numerosas mostras de apoio chegadas dende parques de todo o estado. Así mesmo, apelou á desobediencia civil e á obxección de conciencia fronte ás políticas que abocan as cidadás e os cidadás á exclusión social.

Vulneración de dereitos fundamentais

Ante esta política represiva do PP, a CIG quixo trasladar o apoio a este compañeiro afiliado da central sindical, quen hoxe posou polos xulgados, no marco da vista correspondente ao recurso contencioso-administrativo, presentado pola asesoría da central nacionalista contra a vulneración de dereitos fundamentais que supón a imposición da sanción administrativa.

O bombeiro é o segundo compañeiro da CIG que acude aos xulgados por estes feitos, logo de que a finais do mes de xuño, Paulo Carril, Secretario Confederal de Organización da CIG, tivese que acudir á vista xudicial. Carril tamén foi sancionado cunha multa de 600 euros pola Subdelegación do Goberno, por presuntamente alterar a seguridade cidadá coa súa actitude, cando se limitou a participar pacificamente da concentración convocada por Stop Desafiuzamentos, ao igual que o resto das persoas alí presentes.

A CIG entende que as medidas sancionadoras impostas pola administración española son un auténtico despropósito que atentan contra os lexítimos dereitos de reunión e liberdade de expresión.

Máis inxusto resulta, se cadra, o feito de que a Subdelegación do Goberno pretenda coartar o lexítimo dereito do bombeiro á obxección de conciencia -que se traduce na negativa a participar nos desafiuzamentos por cuestións morais e ideolóxicas-, castigándoo por non realizar unha tarefa (cortar unha cadea) que, ademais, non era a orde que tiña encomendada.

A este respecto, cómpre lembrar que a presenza dos bombeiros no lugar foi requirida pola policía para a apertura dunha fechadura dunha vivenda e non existía requirimento xudicial, nin orde expresa do Servizo de extinción de incendios, para que o servizo de bombeiros procedera a cortar a referida cadea.

O conxunto de sancións administrativas impostas nos últimos tempos -das que a CIG é vítima destacada-, xunto coas modificacións lexislativas que o Goberno de Rajoy prepara (véxase a Lei de Seguridade Cidadá ou a reforma do Código Penal) evidencian os principios escasamente democráticos polos que se rexe o PP e ao servizo de que intereses de clase están. Pois, mentres actúa con esta dureza contra os movementos sociais e a clase traballadora mantén unha actitude de moita permisividade respecto dos delitos económicos que cometen os seus amigos, o capital financeiro, e eles mesmos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.