1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080814 teixeiroGaliza - EsCULcA - EsCULcA presenta recurso de reposición contra resolución da AEPD.


 

EsCULcA apresentou recurso potestativo de reposición contra a decisión do Director da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), Carlos Garrido Falla, de desestimar a queixa presentada polo noso observatorio en que solicitaba a incoación de expediente a Institucións Penitenciarias por revelación pública de datos protexidos de persoas presas no C.P. de Teixeiro.

O pasado 4 de maio, EsCULcA formulara denuncia referente á información publicada na edición dixital do xornal La Voz de Galicia en que, sob o título “Los más peligrosos de Teixeiro”, eran dados a coñecer datos privados de persoas que extinguen condena no Centro Penitenciario ubicado nesta localidade. Entre eles, datos identificativos, alusións á ideoloxía dos penados e datos relativos a vicisitudes da vida penitenciaria. Unha información que non sempre puido chegar a coñecemento do autor do artigo mediante a lectura de documentos de acceso público e sobre a que non consta que as persoas afectadas tivesen dado autorización para que fose divulgada. Suliñaba a noso Observatorio na súa denuncia que o propio medio en que foi dada a coñecer citaba como fonte da súa información a administración penitenciaria.

O 27 de xuño de 2014, o director da AEPD ditou resolución pola que desestima a queixa formulada por EsCULcA, resolución contra a cal Fernando Blanco Arce, en nome e representación do noso observatorio, interpón agora recurso de reposición. No seu escrito, Blanco Arce sinala a neglixente redacción e falta de rigor técnico-xurídico da Resolución e mostra o seu desconcerto polos numerosos indicios textuais que apuntan a que o director da Axencia non tería lido a denuncia. O Sr. Garrido Falla cita xurisprudencia inaplicáblel ao caso e chega  mesmo a arguir non estar clara a procedencia penitenciaria da revelacion dos dados, alega Blanco Arce, cando esa procedencia é recoñecida explícitamente polo propia Voz de Galicia, que -como xa se indicaba na denuncia de EsCULcA- cita como fonte á institución penitenciaria.

Resalta tamén Blanco Arce o diferente criterio que aplica a Axencia segundo as características dos colectivos perxudicados pola revelación dos dados. Parcialidade flagrante que se pode apreciar na dura actuación con que a AEPD reaccionou no seu día á publicación das iniciais dos nomes de varios axentes da PN e a Garda Civil denunciados por tortura. A Asociación contra a Tortura, autora da publicación, foi perseguida con saña pola AEPD e multada cunha moi elevada suma sen que en ningún momento a Axencia alegase falta de lexitimación das entidades defensoras de dereitos corporativos que presentaran a denuncia. Lexitimación que si nega ao noso observatorio, cuxo labor se centra na defensa dos dereitos e liberdades, para defender o dereito á privacidade de persoas presas.

No seu recurso, o presidente de EsCULcA salienta tamén a pusilánime actuación da AEPD como órgano tuititvo de dereitos fundamentais (ao igual que acontece con organismos como a Defensoria del Pueblo, o Valedor do Pobo, etc.) e a súa conversión nunha entidade lexitimadora da actuación do poder. Ilustra a súa crítica lembrando que en 2009 a AEPD optou por facer ouvidos moucos ás reclamacións da numerosas organizacións civis que a instaban a actuar contra a normativa 2006/24 relativa á interceptación e conservación de datos de comunicacións electrónicas e telefónicas. Nese caso, a Axencia deciu non intervir alegando que consideraba que na práctica se cumprían as bases da Lei Orgánica de Protección de Datos. Unha consideración que se revelou infundada e parcial cando o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, pondo en evidencia as institucións de varios estados europeus, entre elas a Axencia Española de Protección de Datos, decidiu derrogar a polémica directiva por entender se supuña "unha inxerencia de gran magnitude e especial gravidade nos dereitos fundamentais".

Sen perxuizo das medidas que en dereito procederen, o noso Obervatorio valorará a posibilidade de pór estes  feitos en coñecemento dos diferentes Grupos do Congreso dos deputados para instar o control parlamentar da executoria do Sr. Garrido Falla.

Ver aqui o recurso.

Ver aquí noticia anterior.
 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.