1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

030714 rpGaliza - Revista Abordagem - Se xa informamos hai uns días da imposición de seis multas de 300 euros por participar nunha concentración o día 17 de marzo diante do Centro Social Okupado de Palavea (AQUÍ neste mesmo blog), agora, aparte de engadir dous novos sancionados a ese mesmo asunto, comezan a chegar multas pola manifestación de repulsa polo desaloxo acontecida duas semanas máis tarde, o 29 dese mesmo mes.


 

Concretamente, e polo de agora, unha de 450 euros por supostamente ser "identificado como el máximo dirigente de la manifestación puesto que las demás personas estubieron esperando sin desplegar pancartas ni entonar cánticos hasta su llegada. Además era el que dirigía la manifestación para indicar el recorrido, las paradas y las consignas, encontrándose detrás de la pancarta principal".

Ademais de inventar xerarquías okupas e liderazgos inverosímiles, os nosos queridos e entrañables represores continúan co seu novo costume de sancionar o persoal sen que medie identificación previa, así sen máis, porque o digo eu. E máis aínda tendo en conta que os que sostiñan a pancarta ían encapuchados.

É precisamente por todo este aluvión de sancións e denuncias penais contra calquera que proteste que en A Coruña se está a preparar unha manifestación contra a represión para o próximo sábado día 12 ás 20:00h na praza de María Pita. Levará por lema " Repreimennos a nós para asustarte a tí", recuperando o reclamo e o espírito dunha campaña celebrada hai un ano por idénticos motivos. Está auspiciada pola "Plataforma contra a represión", creada para dar resposta á persecución contra Pepita Seoane. A protesta pretende xuntar a todos as persoas e colectivos que sofren a escalada na persecución da protesta social, cada quen coas súas respectivas pancartas e motivacións, para visibilizar o aumento exponencial da represión contra a disidencia; cristalizado de forma especial na chamada "burorrepresión": o castigo por medio de sancións administrativas de calquera forma de protesta para atacar o peto dos refractarios de forma aséptica e pouco visible para o conxunto da poboación.

Daremos máis información da manifestación no sucesivo.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.