1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

palaveaGaliza - Revista Abordaxe - Deixamos aquí este comunicado da asamblea do C.S.O Palavea sobre o novo auto xudicial que insta o desaloxo para este luns 17 de marzo ás 12.00h. Tamén chaman a participación nas Xornadas de Resistencia que realizan durante toda esta fin de semana:


O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.

Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalismo depredador, na súa procura de rematar co noso proxécto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a acudir o luns 17 ás 10:00h a porta do C.S.O. Palavea a resistir contra o desaloxo deste o noso (e o voso) espazo liberado.

Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.

OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!


Subido por C.R. con información facilitada dende a asamblea da okupa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.