1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

alkaGaliza - EsCULcA - O pasado 8 de febreiro, catro mozos foron identificados por axentes do CNP no decurso das celebracións do entroido na Praza Maior de Ourense.


 O primeiro en ser identificado foi un mozo que ía disfarzado de marionetista e exhibía un cartaz co lema “Gora Alka-ETA”. Os tres restantes limitáronse a interesarse polas razóns da identificación do amigo.

Serían as 2:30 da madrugada cando 7/8 axentes policiais dirixíronse ao mozo que exhibia o cartaz para o interpelar. Nun primeiro momento o xoven pensou que se trataba dunha brincadeira de carnaval, mais cando un dos axentes o agarrou polo brazo, llo cruzou nas costas e o afastou até o furgón policial onde procederon a tirarlle o cartaz e o identificaren, percebeu que os axentes non bromeaban. Dous amigos do xoven e outra persoa que se achegaron para interesarse polas razóns da intervención policial, foron igualmente identificados.

Segundo os axentes, que procederon a tomar os datos das catro persoas e a anunciar que porán o feito en coñecemento da Audiencia Nacional para que se valore a posibilidade de acusar o mozo dun delito de “enaltecemento do terrorismo”, non mediou denuncia alguna do feito.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.