1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

foliadasiriaGaliza - AEEGC - Un grupo de alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio de”Artes escénicas e xestión cultural”, asignatura de nova creación no centro impartida por Manolo Maseda, o director do mesmo, embarcaranse o próximo 28 de novembro nunha aventura solidaria e queren convidar a acompañalos.


Estes rapaces e rapazas sensibilizáronse moi profundamente no tráxico panorama actual de

Siria, e acompañados polo seu mestre, decidiron organizar un festival benéfico que terá lugar no pabillón de Baio (Zás, Costa da Morte), onde todo o recadado será doado a Médicos Sen Fronteiras (organización que está traballando activamente para axudar aos protagonistas desta dura realidade).

Contan co apoio e a colaboración do alumnado de 4o da ESO, do grupo tradicional Vintenbaio, da ANPA, da asociación cultural ADRO, Asociación de Veciños Tabeirón, Suria, Madouma e Imprenta San Cristóbal.

Como actividade práctica de clase, negociaron e conseguiron levar a cabo o proxecto. Xestionaron a produción técnica e buscaron a colaboración desinteresada de diversos grupos de música galega, todos vinculados dalgunha maneira ao pobo de Baio:

“Taghaitaí”, grupo do que forma parte Manolo, que tocará cos seus compañeiros cancións tradicionais galegas. Por outra banda David Veiga, profesor de gaita da Asociación ADRO de Baio, tocará co seu anovador grupo “Do fondo do peto”. Antía Ameixeiras, veciña do pobo que a pesar da súa xuventude xa compartiu escenario con grandes da nosa música como Carlos Núñez, presenta un novo proxecto baixo o nome de “Taín” con moitas sorpresas. Todo isto estará fiado polo coñecido artista “Xurxo Souto”, que encherá a tarde de emocións e reflexións.

As actividades comezarán ás 19:00h coa proxección do documental de Cristina Antuña “Quiero irme a casa” e a peza de microteatro en directo ás 19:30h “Awlad: Infancia e Guerra” de Nadia Hariri e Lía Pichel.

O concerto comezará ás 20:00h e o bono axuda será de 5 euros íntegro para Médicos Sen Fronteiras.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.