1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

181015 ttipGaliza - CIG - Nin CETA con Canadá, nin TTIP con Estados Unidos!


Centos de persoas mobilizáronse esta mañá coa CIG nas cidades e vilas galegas para manifestar a súa oposición ao TTIP. As concentracións coincidiron coa manifestación convocada en Bruxelas como colofón a unha semana de mobilizacións en diferentes cidades europeas que se iniciaron o pasado día 10 de outubro.

Segundo explicou Suso Seixo, que participou na concentración convocada en Compostela, con estes actos “pretendemos contribuír a dar a coñecer e chamar a atención da cidadanía sobre uns Tratados que se están a negociar cun grande secretismo e que poden ter graves consecuencias para as nosas condicións de traballo e a nosa calidade de vida”.

Seixo lembrou que canda o tratado de libre comercio con Estados Unidos (TTIP) xa está negociado outro con Canadá o CETA, e que os seus promotores: as grandes corporacións económicas e os partidos políticos que defenden os seus intereses, os xustifican alegando que van supor crecemento económico e creación de emprego.

Para o secretario xeral da CIG estas xustificacións non son máis que “un engano á opinión pública” e que están “ben lonxe da realidade”. A este respecto explicou que sobre o posíbel crecemento económico os propios promotores destes tratados recoñecen que vai ser escaso, de apenas un 0,5% nos próximos anos. “Un crecemento económico que, de habelo, vanse apropiar fundamentalmente as grandes empresas multinacionais”, subliñou.

Respecto da creación de emprego alertou de que moi ao contrario “é fácil que se dea destrución de emprego en moitos sectores incapaces de competir cos produtos das multinacionais norteamericanas e que o que se cree sexa en precario, con baixos salarios e con moitos menos dereitos”.

Consecuencias para a clase traballadora

Lonxe dos supostos beneficios que se lle atribúen a estes tratados, Seixo salientou os grandes aspectos negativos que terán tanto o TTIP como o CETA.

Entre outros advertiu que a supresión de aranceis que “poden afectar moi directamente ao noso sector agrogandeiro” ou que co sistema de resolución de conflitos entre inversores e Estados, estes últimos poden verse demandados diante de tribunais de arbitraxe privados por parte de multinacionais que se sintan prexudicadas nos seus beneficios por decisións ou leis adoptadas por eses Estados sobre calquera materia e en defensa do ben público.

O secretario xeral da CIG chamou a atención, pola súa transcendencia no mecanismo coñecido como “cooperación regulamentaria permanente” a través dun Consello Regulador creado ao efecto para harmonizar (igualar) toda a normativa e leis entre EEUU e a UE, en calquera materia que afecte ao libre comercio, sexa laboral, medioambiental, alimentar, servizos públicos...

A este respecto sinalou que “tendo en conta que por regra xeral a lexislación nestas materias en EEUU é moito máis permisiva cos intereses das empresas e, polo tanto, moito menos proteccionista cos dereitos e intereses da clase traballadora, estamos a falar dunha harmonización á baixa, tanto da lexislación presente como futura, con graves consecuencias e prexuízos canto a perda de dereitos e calidade de vida para a clase traballadora e para a cidadanía en xeral”.

Situación internacional

Para Suso Seixo estes tratados teñen moito que ver coa situación económica internacional. “É evidente que neste momento EEUU ve cuestionado por China o seu papel como primeira potencia comercial a nivel mundial e por iso ten moito interese por asinar estes tratados, sobre todo con mercados como o europeo ou o asiático”.

Ao seu entender isto explica a recente sinatura do Tratado de Libre Comercio do Pacífico con países de Asia, América Latina, Asia e Australia, que responderían precisamente a esa lóxica de intentar illar a China, o seu grande competidor, e mesmo aos países emerxentes, os BRICs.

Mobilización e soberanía

Ao entender de Seixo a mellor maneira de facer fronte a este tipo de acordos de libre comercio é “informar, concienciar e mobilizarse” para intentar chegar á opinión pública. Considerou que foi precisamente esa mobilización social en toda Europa a que posibilitou que hoxe se estea dando algún debate no Parlamento Europeo en torno a este tema e que mesmo se estea proporcionando algún tipo de información por parte da Comisión Europea.

Xunto a isto denunciou o enorme déficit democrático que evidencian “tratados destas características, negociados nas altas instancias, na perspectiva de defender os intereses dos grandes grupos económicos e afastando da cidadanía a capacidade de decisións sobre cuestións que son esencias para o seu futuro”.

Por iso concluíu que é fundamental “reclamar a soberanía” para as nacións, para que os Parlamentos sexan realmente representativos e que se iso é importante para calquera nación con Estado “tanto máis o é para nós que somos unha nación sen Estado e que precisamos ter un Parlamento con total e absoluta competencia en todas as materias, realmente soberano para desenvolver as políticas económicas e sociais máis favorábeis á clase traballadora sen ter que depender das decisións que ao respecto adopten institucións como a UE ou o BCE, que están totalmente controladas polo capital financeiro”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.