1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

270915 cvGaliza - Corrente Vermelha - Na Galiza, os medios presentan o proceso que se está a dar en Cataluña coma se fose un capricho de catro políticos corruptos e choromicas, e o debate en torno ás eleccións do 27 faise dunha maneira infantil e banal, onde se tiran piques e frases graciosas en vez de argumentos.


Sen entrar en cantos oportunistas hai neste proceso, para nós o que está a acontecer en Cataluña é un cuestionamento do réxime de 1978, unha demanda lexítima ante unha constitución que non contempla nin pode contempla-lo dereito á autodeterminación dos pobos. É un pulso ó mesmo réxime e á mesma constitución que impide a Galiza desenvolve-lo seu potencial económico. As mesmas normas que impiden que a xente catalana vote son as mesmas normas que impediron que Canarias decidise se quería unha explotación petrolífera privada ó lado da súa casa, e as mesmas normas que impiden que Galiza use os seus asteleiros, que o leite se venda a un precio decente ou as que desmantelan a nosa flota pesqueira.

Polo tanto, un ataque ó réxime monárquico español do 78 como é o proceso catalán é sempre positivo para Galiza. O mellor apoio que desde Galiza podemos darlle ao direito a decidir dos catalanes é afortalar os procesos de confluencia que estan-se a construir e poñer no centro que os catalans esta cuestionando: a sacrosanta "unidade" do Estado Español, onde o réxime do 78 entende "unidade" como "aquí manda Madrid".

Pactos "contra natura" entre forzas do centralismo e forzas soberanistas só debilitan a confluencia de unidade popular e favorecen ó réxime.

Polo dereito a decidir!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.