1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

CPvUFbTXAAAjPpaGaliza - Galicia Confidencial - "Galiza foi e segue a ser unha colonia do Estado do Reino de España", recolle un dos puntos do manifesto que fixeron público os membros do Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB) nun acto a prol da soberanía no que critican ao presidente Centro Galego de Barcelona.


Foto - O uso do Centro Galego de Barcelona polo nacionalismo espanhol contrasta com a solidariedade mútua entre o povo catalám e o galego.

"Manifesto Meridiano". Ese foi o comunicado que deron a coñecer os membros do Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB) nun acto a prol da soberanía de Cataluña que tivo lugar hais uns días. Neste manifesto, o FCGB, que apoia o polo soberanista, destaca que "Galiza foi e segue a ser unha colonia do Estado do Reino de España".

Así, criticia que "No séculoXXI, o Partido Popular e as súas elites-satélite procuran manter este status a través da práctica de políticas clientelares que nos negan o que é noso na Nosa propia Terra e nos empurran a marchar lonxe dela". Neste sentido critica o acto político que tivo lugar o pasado 12 de setembro de 2015, no Saló del Tinell de Barcelona, e no que participou o presidente galego Alberto Núñez Feijóo, "cunha grea de membros do neofranquismo e do neofraguismo do PP visitáronnos para declarar que seguen a conspirar sobre como vampirizar o sangue dos emigrantes".

Ademais, denuncia que nese mitin, "estes garantes da unidad de España confabuláronse para seguir a afogar a vida dos pobos das Hespañas, e a súa auténtica biodiversidade e pluralismo: nacional, cultural, lingüístico e económico, por medio da intimidación e da propaganda antiacatalá".

Tamén critica que se teñan utilizado a algúns colectivos de emigrantes nese acto paa que, din, os que se sinten "galegocataláns nos manteñamos no gueto galego-español, construíndo así valados na sociedade catalá, coa pretensión de perpetuarnos como servos do estado imperial que destruíu e destrúe a nosa identidade de orixe, a galega, e a nosa identidade de acollida, a catalá".

Neste sentido, critica duramente ao actual presidente do Centro Galego de Barcelona. Manoel Carrete, declaraba nunha recente entrevista en La Voz de Galicia que “es una obligación que te imponen cada día: o eres unionista o eres independentista. La palabra que nadie dice, pero que todo el mundo piensa es “sobráis”". Unhas declaracións que para o FCGB "nos avergoñan como galego-cataláns ao facerse carrete de transmisión das mentiras ideolóxicas dos seus mentores do PP".

Tamén denuncia que "se instrumentalice de xeito tan ruín" o Centro Galego de Barcelona, a entidade máis veterana da comunidade galega en Cataluña "póndoa ao servizo dos adversarios tanto da liberdade e identidade catalás como dos cidadáns galego-cataláns que facemos parte activa, orgullosa e responsábel desta sociedade que nos soubo acoller".

Asinan este manifesto: Camilo Fernández, Celso Díaz, Montserrat Cachafeiro, Suso Mon, Francisco Castro, Antonio Argibay, Xosé Fernández, Lorena Lorenzo, Mercè Pinyol,
Xosé Carlos Fernández, Iolanda Tosar, José López, Antón F. Escuredo, Rosa Alvarez, Jose A. González, Jénnifer Alfonso, Judit Jané, Andreu Roig, Rosario Uriach, Francesc Solá, Jesús Jané, Xoel González, Violeta Roig, Marta Carbonell, Sergi Jané, Lluc Roig, Tamara Díaz, Ismael Calvet, Xiana Díaz, Silvia Rotger, Anna Mas, Paula Ventura e Xurés Calvet.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.