1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260715 touradasGaliza - Praza - O Concello da Coruña gastou 2,2 millóns de euros na subvención pública das touradas nos últimos vinte anos.


O goberno local da cidade vén de facer públicos as cifras oficiais dos gastos que a feira taurina supuxo nas últimas dúas décadas e logo de que o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) decidise suspender o contrato "por razóns de interese público".

Así, e segundo os datos do devandito IMCE, as touradas -que tiñan lugar no Coliseum, o que obrigaba tamén a que o recinto fose acondicionado especialmente para elas- xerou un gasto de 2.223.200,78 euros nos últimos vinte anos, tendo en conta os custos dos contratos de organización e outros gastos de tipo xurídico, como unha indemnización pola caída dun espectador ou pola adxudicación dun contrato en 2005.

Ademais, entre os gastos a maiores do contrato de organización da feira -que durante o mandato de Francisco Vázquez nunca baixou de 93.000 euros-, inclúense outros máis rechamantes como os máis de 12.000 euros para as conferencias taurinas co gallo do décimo aniversario dos festexos, os 600 euros de aloxamento e manutención a un pregoeiro, os máis de 400 pola redacción dun "pregón taurino" ou os 2.353 que supuxo a lectura doutro pregón en 2007.

"O custo que supuña para un organismo público dependente do Concello esta actividade, así como a escasa afluencia de público en cada edición, foron dúas razóns de peso que impulsaron ao Goberno local a rescindir o contrato coa empresa promotora. Ademais, tamén existía a promesa política de non ceder espazos públicos nin financiar espectáculos nos que se maltraten animais", aclara o executivo local da Marea Atlántica, que lembra que este ano, de terse celebrado, a feira taurina traería aparellado un custo aproximado de 60.000 euros. Coa suspensión, e co pagamento duns 10.000 euros de indemnización aos organizadores, o Concello espera obter un aforro de 50.000 euros.

Nada máis chegar ao goberno, a Marea Atlántica iniciou o expediente de extinción anticipada do contrato e suspensión da feira taurina. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicara daquela que o Concello “non ten capacidade para prohibir unha actividade como esta, pero si que a ten para ceder ou non o Coliseum para este tipo de espectáculos”.

Tal e ocmo lembra o executivo local, ao longo dos últimos 20 anos, tan só en cinco ocasións os gastos que asumiu o IMCE con respecto á feira taurina baixaron dos 100.000 euros por edición. En concreto, a media anual de gasto en subvención ás touradas ascende a máis de 110.000 euros, aínda que os cartos foron moitos máis na época do goberno do PSOE de Francisco Vázquez, que chegou a gastar máis de 130.000 euros públicos nalgunha edición. Coa chegada de Carlos Negreira (PP) ao poder, a subvención seguiu, aínda que desta vez sufragando os gastos do acondicionamento do Coliseum, unha cantidade que foi desde os 32.000 até os 41.000 euros aproximadamente, dependendo do exercicio.

Segundo datos de Galicia Mellor sen Touradas, e incluíndo tamén os gastos do Concello nas touradas entre 1991 e 1994, a subvención total municipal achegaríase aos 3 millóns de euros.

"Nin un euro para o maltrato animal"
A Marea Atlántica sempre sostivo que a supresión das touradas na cidade era un punto "innegociable" do seu programa: "Nin un euro do concello, nin un metro cadrado de bens municipais para o maltrato animal. O goberno municipal non será cómplice de eventos como as touradas baseados no maltrato a un ser vivo. Rematou a vergoña de que un concello que representa ao xeral da cidadanía coruñesa preste apoio económico (ou facilite bens como o Coliseo) para o maltrato animal", dicíase no programa da formación.

A empresa difundira nos últimos días unha proposta de programación para a feira taurina, que tiña prevista a súa celebración o 1 e 2 de agosto no Coliseum. Porén, a feira finalmente non se celebrará. Era cuestión de tempo. Xa o pasado ano o concurso para a licitación deste espectáculo de tortura animal quedara deserto antes do verán, e na repetición da convocatoria, en setembro, o Concello só recibira a oferta de Tauro Siglo XXI. E iso, a pesar das facilidades outorgadas polo Goberno local e do mantemento das axudas indirectas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.