1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220715 detodosGaliza - CNM - Comunicado emitido polo CNM com motivo do Dia da Pátria.


Por un 25 de Xullo de tod@s

Este 25 de xullo as e os galegos temos a oportunidade de celebrarmos xuntos o Día da Patria nunha manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Compostela a partir das 12h para amosar que somos unha nación e queremos existir. Por iso, desde o Colectivo Nacionalista queremos amosar o noso apoio a esta manifestación e chamarmos a todas e todos os galegos a participaren nesta.

Este sábado debe ser un día de celebración sen exclusións, ninguén pode nin debe quedar fóra. O momento é chegado, o momento da unidade para reivindicar a nación. Reivindicar o noso dereito á autodeterminación, o noso dereito a decidirmos o noso futuro, a decidírmonos pola independencia.

Somos conscientes da situación de debilidade económica, cultural, política e social na que se atopa Galiza. Mais Galiza tamén ten potencialidades, ten a capacidade do seu pobo, ten unha cultura universal, un idioma propio que serve para comunicármonos entre nós e co mundo, temos a xeración mellor preparada da historia e uns sectores produtivos que ben desenvolvidos poden xerar moita riqueza.

Nun momento en que se reforzan discursos centralistas e centralizadores, temos que facer visíbel a nación galega. Unha nación representada nas e nos gandeiros teñen que malvender o leite, representada polos mariñeiros desembarcados, sen cotas de pesca e sen barcos, representada polos milleiros de persoas obrigadas a emigraren na procura de traballo, polas nenas e nenos que non poden estudar no seu idioma.

Este 25 de Xullo ten que ser o da unidade. Mais debe ser unha unidade verdadeira que, sen oportunismos e intereses electoralistas, traballe e trace o camiño para conseguirmos a liberdade do pobo galego e superar o marco institucional e o modelo económico imposto polo estado español e a UE.

Marcando na carta de navegación o rumbo correcto e remando todos na mesma dirección teremos a oportunidade de chegarmos a bo porto e acadarmos o noso obxectivo final da liberación nacional e de clase.

Marín, 22 de xullo de 2015.

Colectivo Nacionalistade Marín


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.