1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

moanha2Galiza - Mar de Lumes - O 4 de xullo, data en que Venezuela celebra o aniversario da súa primeira independencia, persoas de Galiza e de Venezuela celebraron en Pontevedra e Moaña unha intensa xornada de amizade que, nuns momentos que son de máxima importancia para a Revolución Bolivariana, se converteu tamén nunha ampla xornada de apoio á causa da América Latina e, singularmente, da Venezuela.


Foto - tos de Moaña completamente cheo para escoitar ás conferenciantes.

A xornada comezou cunha concentración simbólica na Praza da Peregrina de Pontevedra, co obxectivo de levar ás rúas o apoio ao proceso revolucionario venezuelano, confrontando coa manipulación mediática continuada. Diso falaron os intervinientes, a cónsul de Venezuela en Galiza, Mónica Sánchez, e os representantes das dúas organizacións de solidariedade que facían parte da convocatoria, a Asociación Galego Cubana Hugo Chávez e Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista.

Posteriormente, os actos trasladáronse á vila de Moaña, onde continuaron cun concurrido xantar de confraternidade e cunha dupla palestra a cargo, novamente, da cónsul Mónica Sánchez, que falou ao numeroso público dos avanzos e dos desafíos da Revolución Bolivariana; e de Teresa Moure, que relatou a súa experiencia co povo venezuelano, sinalando que "Venezuela é unha illa arrodeada polo mar da incomprensión, da ameaza. Mais como todas as illas, navega; desafía".

Para Mar de Lumes, esta actividade fai parte do traballo urxente de dar a coñecer na Galiza a situación real dun país en Revolución, alén dos tópicos construidos por medio da guerra mediática que os líderes venezuelanos levan tempo a denunciar, e que no Estado español atinxe uns níveis de intensidade e delirio dificilmente comparábeis.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.