1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8649419215 0591b494c8 zGaliza - Mar de Lumes - [Pedro Cortegoso] O próximo sábado 4 de xullo as organizacións de solidariedade Mar de Lumes (Comité Galego de Solidariedade Internacionalista) e a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, en colaboración co Consulado de Venezuela organizan unha xornada de solidariedade co pobo venezolano.


Foto de Joka Madruga (CCby/2.0/)

Os actos previstos serán os seguintes:

Ás 12h. Concentración na Praza da Peregrina de Pontevedra.

Ás 14h. Xantar en Moaña.

Ás 17h. Acto público coas intervencións da escritora Teresa Moure e a Cónsul de Venezuela Mónica Sánchez, no salón de actos do Concello de Moaña.

Calquera pobo do mundo que pretenda gobernarse libremente e decidir o seu futuro ten que enfrontarse á inxerencia e a desestabilización dos EEUU e os seus aliados. Venezuela non é unha excepción. Desde o inicio do proceso revolucionario vén padecendo golpes de estado, bloqueos económicos ou campañas mediáticas difamatorias coa intención de axeonllar o pobo venezolano.

Pretenden repetir a estratexia que seguiron en Chile para derrocar o goberno de Allende e xustificar un novo golpe de estado ou unha intervención militar. Todo iso co silencio cómplice desa esquerda civilizada que renega da solidariedade entre os pobos e aplaude a inxerencia de Felipe González, ex-presidente cun escuro historial relacionado co terrorismo de estado, as privatizacións de empresas públicas, a corrupción e o nepotismo.

Mais, a pesar de todo o que ten que padecer, en Venezuela estanse a mellorar as condicións de vida do pobo con investimentos en educación, vivenda e sanidade. Organismos internacionais como a FAO recoñecen o esforzo e os éxitos para acabar coa malnutrición e a fame. No ano 2005 a Unesco declarou a Venezuela como territorio libre de analfabetismo despois de escolarizar entre os anos 2003 e 2005 un millón e medio de persoas. O estado garante a gratuidade do ensino, incluso o universitario. O paro é do 5,7% mentres na Galiza está hoxe no 22%. Mentres aquí bótanse ás familias a rúa en Venezuela construíronse e entregáronse 700.000 vivendas sociais para familias con escasos recursos. En definitiva  Venezuela emprega o 62% dos seus ingresos en inversión social, e o matiz é importante “INVERSIÓN SOCIAL” NON “GASTO SOCIAL”. Pero non busquedes estes logros nos grandes medios de comunicación, alí só atoparedes mentiras e manipulación.

No democrático Estado español as políticas de recortes incrementan o paro, a desnutrición infantil, fan cada vez máis difícil o acceso ao ensino universitario que xunto coa privatización dos servizos públicos incrementa as desigualdades sociais. E os nosos gobernantes permítense dar leccións a outros pobos.

Venezuela, porén, é un pobo de paz. Así o lembraba o Presidente Maduro nunha carta aberta dirixida ao pobo dos Estados Unidos: “En dous séculos de independencia, nunca atacamos outra nación. Somos un pobo que vive nunha rexión de paz, libre de armas de destrución masiva [...] Defendemos o respecto á lei internacional e á soberanía de todos os pobos do mundo”

Venezuela conta coa solidariedade internacionalista de moitos pobos, hoxe estamos aquí para amosar publicamente a solidariedade do pobo galego e reivindicar que Venezuela debe ser respectada. Demandamos o dereito do pobo venezolano a decidir libremente o seu destino, un destino de paz e solidariedade. Demandamos o dereito a exercer a súa soberanía nacional sen a inxerencia dos USA ou calquera outro país.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.