1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

15maioofGaliza - AAC - O Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Será o venres 15 de maio ás 20:30 na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Coia - Vigo). 


A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.

Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Un deses proxectos, que o EAA propón como destino da obxección este ano, é a Asemblea Aberta de Coia, que participará tamén na presentación da campaña facendo un repaso destes meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.

+INFO: www.nonaogastomilitar.org


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.