1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

5asembleanacionalGaliza - Isca! - O vindeiro 7 de febreiro terá lugar na cidade de Compostela a 5ª Asemblea Nacional da organización xuvenil Isca! -integrada no BNG- baixo o lema “rachar co presente, construír o futuro“. Nela actualizarán as súas análises políticas sobre a situación da mocidade e do movemento independentista e revolucionario galego.


Farano, din, xunto coas colaboradoras e simpatizantes que decidiron participar de todo un proceso colectivo que comezou xa no mes de decembro e que rematará a finais de febreiro, nun contexto social cada día máis hostil para a mocidade.

Afirman que a situación da mocidade galega é desoladora, cunhas taxas de desemprego superiores ao 50% e un grandísimo número de emigradas por causa da miseria e a precariedade. Analizar esta realidade e a alternativa política revolucionaria e independentista que se plantexa será, comentan, outro dos puntos a debate. Lonxe das propostas políticas que chaman a reformar o Estado, pensan que o proxecto independentista é o único transformador digno de tal nome e a única vía posíbel de ruptura democrática co réxime. Para isto, afirman que reforzar as organizacións propias é fundamental, neste caso o BNG.

A debate tamén estará a ofensiva do Partido Popular sobre as mulleres e a capacidade de decisión sobre o seu propio corpo. A mobilización social, a pedagoxía e a axitación feminista foron, aseguran, un factor fundamental para a retirada da reforma do aborto. Gañouse unha batalla pero fican moitas outras. Para rematar coa violencia machista, a visibilizada e tamén a invisibilizada, non hai máis saída que rachar co sistema de opresión estrutual de xénero, o patriarcado. Afondando nesa cuestión, ollan como a concepción binaria home-muller non é real e cómpre tamén rachar con esa visión do mundo.

Debatirán tamén a acción de Isca! nas diferentes organizacións do nacionalismo, desde un punto de vista autocrítico e realista. Ponderando os éxitos e analizando os erros. Que medidas organizativas deben levar a cabo para mellorar a capacidade de intervención política de cara a seguir a expandir, no seo do movemento popular galego, un espazo político de clase, comunista e independentista. Con humildade, din, mais con firmeza no discurso e na paxe.

Para finalizar, convidan a todas as mozas e mozos que estean interesadas en coñecer o proxecto, as conclusións ou como foi o proceso, á sesión de clausura a partir das 19:00 horas que terá lugar no salón de actos do Colexio Maior San Clemente (Praza Rodríguez Cadarso, Campus Sur, Compostela).

Nel daranse conta das conclusións e resolucións políticas da Asemblea Nacional, contarán cos saúdos das súas organizacións irmáns doutros pobos, cunha intervención política a cargo do seu partido, o Movemento Galego ao Socialismo, coa compañía das organizacións coas que día a día camiñan cara un futuro libre e sen explotación e todo amenizado cunha intervención musical galega.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.