Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia en Novorossia, desde Isca! manifestamos o noso apoio e solidariedade sen fisuras ao movemento antifascista das Repúblicas Populares de Donetsk e Lugansk, e ás perseguidas de toda Ucraína. Manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima resistencia contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.
Por todo isto mostramos tamén a nosa adhesión e apoio á caravana antifascista que está a organizar o grupo Banda Bassotti e que chegará ao Donbass no mes de setembro por medio dun comunicado en video e levamos a cabo diversas accións simbólicas en varias localidades do país para demostrar que a mocidade rebelde galega está co pobo do Donbass e o movemento antifascista na Ucraína.
Porque a solidariedade dos pobos é imparable.
O fascismo NON PASARÁ!
Comunicado
As mozas revolucionarias organizadas en Isca! mostramos o noso apoio á caravana antifascista que está a organizar o grupo Banda Bassotti e que chegará ao Donbass no mes de setembro.
Facemos un chamamento a todo o movemento antifascista e antiimperialista a espallar a solidariedade a todos os recunchos do planeta e rachar así coa política de silencio que practica Occidente. Porque para a mocidade revolucionaria a práctica da solidariedade internacionalista debe ser unha tarefa prioritaria.
Queremos denunciar tamén as prácticas colaboracionistas da Unión Europa e dos Estados Unidos coa Xunta golpista de Kiev e as forzas políticas de extrema dereita que practican no leste de Ucrania a limpeza étnica e ideolóxica.
Viva a loita popular na Novorrosia . por un mundo libre de nazismo e fascismo!
Non pasarán!