1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

arredista12-300x300Galiza - MGS - Neste novo Día da Patria sae á rúa como é habitual un novo número da nosa revista, “Arredista!”, que fai xa o décimo segundo. A seguir podes ler o editorial, así como descargala ou consultala integramente:


Nos últimos meses a política galega e estatal teñen pasado por movementos significativos: a multifacetada crise no o estado español como consecuencia da crise capitalista, tanto a económica como polo avanzos do dereito a decidir dos pobos, tense manifestado tamén no ámbito político.

A renuncia ao trono do xefe do Estado, coa abdicación na figura do seu fillo é unhamostra de desta realidade: o soberanismo galego difundiu, frente a falsas saídas que non solucionarán os problemas de fondo do noso país, a súa alternativa: a constitución dunha República Galega soberana, que só pode vir dun proceso de ruptura propio.Acontece tras un proceso eleitoral onde no Estado os grandes partidos sufriron enormes perdas, coa consolidación dos partidos máis pequenos e a emerxencia de novos actores cun discurso eminentemente “rexeneracionista” que contou con grande ecomediático, alén dun voto catalán e basco maioritariamente nacionalista que expresa outras coordenadas políticas ás do conxunto do Estado. Na Galiza, o nacionalismo resistiu de forma notábel mais non conseguiu avanzar, facendo fronte a unha maior españolización do espazo eleitoral que xa sufrira previamente nas eleccións autonómicas.

Nun contexto cambiante e complexo, o nacionalismo ten numerosos retos por diante, que precisarán de inxentes esforzos da súa militancia e base social. O proceso de afortalamento ideolóxico, organizativo e de liña política tense que acelerar, actuando con intelixencia e flexibilidade dentro da necesaria permanencia dun espazo político propio. Afirmamos que as vacilacións e ambigüidades só suporían retrocesos nun momento onde o soberanismo en distintos países toma forza, mais no que os nosos adversarios tampouco van ficar inmóbiles.

Neste número debullamos pois este novo cenario na Galiza, alén de ollarmos cara os procesos soberanistas como o escocés, e os 40 anos do Abril portugués. Igualmente, analisamos a face militar do imperialismo representada pola OTAN,mais tamén o aumento de represión interna no Estado, así como os esforzos da mocidade e os colectivos LGTBI ou das ANPAS para construirmos unha Galiza distinta e soberana. Como sempre, rematamos con propostas de leitura e coñecemento en chave transformadora, porque a loita pola hexemonía líbrase en todas as frontes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.