1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280714 bdsGaliza - Sermos Galiza - [Olalla Rodil] Desde BDS-Galiza, Elvira Souto, explica como desenvolver a campaña de boicote aos produtos israelitas que se promove desde 2005 a nivel internacional. "É unha acción non violenta" que xorde a petición da "sociedade civil palestina", explica.


Elvira Souto fai parte de BDS-Galiza desde que a campaña internacional chegou ao noso país en 2010. Este colectivo está a desenvolver unha forte actividade para promover medidas de boicote, desinvestimento e sancións contra o Estado de Israel. Conversamos con ela arredor da campaña mais tamén do acontecido esta segunda feira no Parlamento en relación coa declaración institucional de condena á masacre de Gaza. 

Aliás, hoxe (28 de xullo) BDS-Galiza convoca xunto a outros colectivos unha nova acción de protesta contra a ocupación israelita en Palestina. Convocan a cidadanía a recrear un checkpoint sionista na Praza do Toural, ás 20.30 horas.

BDS traballa en Galiza desde hai anos, cales son os seus obxectivos?

Promove a campaña nada en 2005 a nivel internacional após a petición lanzada pola sociedade civil palestina. Neste senso, reclamaban unha acción unánime a nivel global para promover o boicote, desinvestimento e sancións a Israel. Unha acción que xa tivo lugar contra o apparheit e baseada na non violencia. En 2010 fixemos o primeiro acto en Galiza para denunciar que con fondos públicos procedentes do Xacobeo se trouxera un representante sionista. Fomos á porta do CGAC onde tivo lugar a charla e, para a nosa sorpresa, asistiu moita xente á protesta. 

Entre as accións que promove BDS está o boicote a produtos procedentes do Estado de Israel, como pode unha persoa no seu día a día levar a cabo esta tarefa?

É relativamente doado e relativamente complexo pois se ben os produtos poden localizarse através do código de barras --todos os números que comezan por 729 son comercializados por Israel-- é laborioso cotexar cando estamos a facer a compra. No entanto, tamén se pode facer evitando mercar produtos que conteñan, por exemplo, lodos e sales procedentes do Mar Morto e que en Galiza comercializa Séphora ou a franquía Tiger. Estes produtos pertencen a empresas situadas nos territorios ocupados e supón unha ilegalidade a súa venda pois foron expoliados os recursos doutro pobo. Mais para evitar sancións Israel ten mesmo mudado as sedes das empresas aos EUA. Tamén podemos levar a cabo o boicote nas tendas Imaginarium onde se comercializan brinquedos para crianzas. 

Chile rachou nas últimas semanas as negociacións que estaba a desenvolver co Estado de Israel en relación á sinatura dun Tratado de Libre Comercio entre ambos os dous países, mais isto non acontece na maior parte dos estados...

É un disparate e, asemade, vai contra o Dereito Internacional continuar a manter relacións comerciais preferencias con Israel como fan a Unión Europea e o Estado español. En Galiza este mes de agosto desenvólvense en Cambados unhas xornadas sobre agricultura ecolóxica organizadas por Ecolóxica Galicia. Entre as palestras atópase a dun representante da Cámara de comercio israelita. Como pode ser que se traia a unha persoa procedente dun estado que non só está a cometer un xenocidio senón que asemade ten arrancado un 1 millón 600 mil cítricos e oliveiras? É un estado ecocida. Desde BDS xa lle enviamos unha carta á organización para lles demandar a retirada do convite a esta persoa. Tamén as organizacións ecoloxistas rexeitan a súa presenza nas xornadas. 

O Partido Popular acaba de vetar no Parlamento unha declaración institucional de condena a Israel pola masacre de Gaza. Como o valorades?

Esta é outra incoherencia máis. Nos últimos dous anos o Parlamento aprobou senllas declaracións institucionais a prol do pobo palestino. Co que está a acontecer actualmente en Palestina en troca de denuncialo e condenalo o PP veta esta declaración. Mais isto acontece, cumpre lembrar, após o consulado chamar a atención polas declaracións anteriormente aprobadas. Un feito que constitúe unha clara inxerencia por parte de Israel nos asuntos internos de Galiza. Soubemos que logo da carta enviada polo embaixador israelita houbo un cruce de misivas entre el e a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, mais descoñecemos o contido da carta enviada pola presidenta. Algo que supón un claro secretismo institucional. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.