1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

P1460299.previewGaliza - CIG - A Confederación Intersindical Galega (CIG) chama un ano máis a toda a súa afiliación e simpatizantes a participar nas mobilizacións convocadas polo nacionalismo galego o vindeiro 25 de xullo, en Santiago de Compostela, para conmemorar a celebración do Día da Patria Galega.


A central anima tamén a súa militancia a apoiar coa súa presenza todos actos que se organizan ao longo do país nestas datas para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

A central sindical nacionalista considera que o actual marco xurídico é insuficiente para garantir os dereitos nacionais de Galiza, sobre todo nas materias que máis nos afectan como clase traballadora. Por iso entende que no contexto de crise do sistema capitalista neoliberal que padecemos, cómpre mobilizarse para reivindicar un autogoberno sustentado na autodeterminación e na soberanía nacional de cara á mellor defensa dos intereses da clase obreira galega.

A CIG entende ademais que nestes tempos a participación é máis necesaria que nunca para amosar o rexeitamento da clase traballadora galega ás políticas que está a aplicar a dereita española no noso país, que abocan a milleiros de mozos e mozas á emigración, que provocan a perda constante de dereitos laborais, baixadas de salarios e aumentos de xornada, ao tempo que se desmantelan os nosos principais sectores produtivos.

Diante disto, anima a toda a afiliación a apoiar coa súa presenza as mobilizacións e os distintos actos que se convoquen ao longo do país no contexto do Día da Patria Galega para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

Por unha Galiza ceibe e sen explotación!

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.