1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Gaza-212x300Galiza - Isca! - Non hai que retroceder moito para comprobar que a creación do estado de Israel é un acto máis do colonialismo europeo.


Dun día para outro case un millón de persoas foron expulsadas das súas terras e condenadas ao exilio ou a unha ocupación sanguenta e racista. É pois que desde hai máis de 65 anos o pobo palestino vén sufrindo continuas e brutais masacres cometidas polas forzas militares de Israel coa complicidade de Occidente e o silenciamento e a manipulación da información por parte dos medios do grande capital que transforma ocupantes en ocupados,  agresores en vítimas e o lento xenocidio dun pobo en lexítima defensa.

Un estado sionista e colonial que aplica unha política de apartheid nos territorios ocupados e concede dereitos aos xudeus que residen ilegalmente en Palestina mentres nega os mesmos dereitos ás palestinas. E non nos debe tremer o pulso á hora de denunciar a situación. Ou non é apartheid o mantemento de redes de estradas separadas, unha para colonos xudeus e outra para a poboación palestina? Ou non é apartheid que se lle prohiba á poboación palestina ter coche ou que o seu transporte público sexa bloqueado nos “checkpoints” mentres os colonos xudeus poden moverse libremente? Ou non é apartheid que en terras palestinas teñan prohibida a entrada incluso as súas propietarias mais calquera xudeu pode acceder sen interferencias? Ou non son apartheid estas e moitas outras medidas?

Nestes días Israel tomou a determinación de arrasar Gaza. Gaza é un dos territorios con maior densidade de poboación do planeta, onde máis dun millón e medio de persoas se amontoan nun pequeno espazo de terra entre Israel, Exipto e o Mediterráneo. Un territorio convertido nun enorme campo de concentración onde a poboación palestina alí retida non o está por decisión propia, senón por decisión de Israel, que as expulsou, colonizou e asediou, que converteu Gaza nun territorio empobrecido cun brutal bloqueo, continuos cortes de luz e auga, con incursións militares, detencións arbitrarias e  asasinatos.

Máis unha vez asistimos ao desfile de líderes internacionais e á propaganda mediática que apela á “contención”, á “negociación” ou ao “cese do fogo” nunha estratexia tan refinada como brutal ao presentar este como un conflito simétrico, como se dunha guerra convencional se tratase entre exércitos clásicos. Simetría, pois, presentada con ridículos esforzos entre civís indefensos e unhas forzas armadas que ocupan o cuarto lugar na clasificación das máis poderosas do mundo, porque a realidade é que en Gaza non hai militares, se non contamos aos invasores. Existen militantes armados e organizados como milicias mais tamén existen nenas, xubiladas e desempregadas; famentas e humilladas.

É o noso deber, máis que nunca, reclamar a desaparición do réxime sionista; por que teriamos que calar ante a ofensiva criminal?  A única solución ao problema israelí, non nos levemos a enganos, é a disolución do Estado de Israel para frear a matanza e que as refuxiadas palestinas volvan á súa terra e se funde un novo estado palestino no seu territorio histórico, con igualdade de dereitos para todos os grupos étnicos e relixiosos. É esta quizais unha solución lonxe da realidade? Quizais, se quen dita as normas son Israel, EEUU e a UE. E se esas normas son apartheid, xenocidio e inxustiza entón o pobo palestino ten o dereito de practicar activamente a resistencia por todos os medios dos que dispón ao seu alcance para evitar o que tanto ansían moitos: a seu completo exterminio como pobo.

Desde a nosa posición antiimperialista e internacionalista facemos nosas as palabras das organizacións revolucionarias palestinas: Vitoria da resistencia!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.