Trata-se do comunicado do Comité Revolucionário Arredista Galego de Havana perante a notícia da proclamaçom da República Galega de 1931, assinada polo seu presidente G. Enxebre Justiz, que nom é outro que o Fuco G. Gomes. A nota encoraja os galegos de Havana a colaborarem com a "revoluçom arredista", enviando recursos ou pegando nas armas. Achega, ademais, novos dados sobre a repercussom internacional da insurreiçom, como o cesse das comunicaçons marítimas com Portugal. Assim, pouquinho a pouco, e à margem das instituiçons que sempre marginárom a nossa história, vamos recuperando trechos da nossa memória e orgulho coletivo. Eis a transcriçom na ortografia original no que foi redigido:
PROCRAMADA NA GALIZA UNHA REPUBRICA INDEPENDENTE!!
Os galegos en Cuba debemos sumar-nos â revoluzón arredista qui se iniziou na nosa Patria, d´onde acaban de chegar nodizas de qui as autoridás locaes de Santiago, foron destituídas e izada a bandeira galega.
No Diario de la Marina dista mañá, lêmol-o seguinte cabre:
"VILA REAL DO SANTO ANTONIO" Portugal, juño 28 (AP). As autoridades diste porto anunzian qui o tránsito fluvial coa Hespaña, pel-o Miño, foi suspendido, debido á unha folga. Os ferrocarrís portugueses recibiron permiso pra tocar en Ayamonte, sobre o Guadiana, e tomar pasaxeiros destinados á Portugal.
Parsoas ben informadas qui chegan de Santiago de Compostela, dín que na manifestazión do sábado, nisa cibdade, izou-se na Casa Consistorial a bandeira branco-azul da Galiza, procramándo-se a Repúbrica Galega. As autoridades locaes foron destituídas, e Alonso del Río nombrado xefe da Junta Revoluzonaria.
Río dixo, ao falar ao pobo, qui dinantes qui entregáren-se aos adversarios, ístos pasarían sober os seus cadavres".
Nante taes acontezimentos, quí pensan faguel-os galegos en Cuba? Pensará seguir dormidos sen dar mostras de diñidade cibdadán galega? Siguirán sentíndo-se hespañoes e pensando "pedir unha autonomía adiministrativa pra Galiza"?
Irmaos galegos:
Ergamol-a testa algunha vez, ollemos ao ourizonte, revistámo-nos de vaor cívico e aicedamos âs súpricas da nosa Galiza, da Galiza qui percisa da ajuda de tudol-os seus fillos nista hora suprema, pra ceibar-se da oprobiosa escravitude á qui a tên sometida o despótico Centralismo hespañol. Sumémo-nos â Revoldaina Arredista Galega aitual, ben enviando recursos pra sostêl-a, ja embarcándo-nos pra, unha vez na nosa Patria, empuñal-as armas e loitar valentemente até morrer ou venzer na contenda.
Viv´a Revoluzón Arredista Galega!!
Viva Galiza Independente!!
Viv´a Confederazión de Repúbrica Ibéricas!!
G. Enxebre Justiz,
Persidente do
Comité Revoluzonario Arredista Galego.
Apartado 771.--Habana
29 Juño do 1931