1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

IMG 2339bn opt 1Galiza - Ataque Escampe - O día antes, na libraría de NUMAX, o grupo presentará, canda ao artista plástico Misha Bies Golas, Relatos americanos, un libro de ilustracións e textos acompañado por unha suite musical.


O concerto será o venres 19 de xuño na sala Capitol (Concepción Arenal, 5) de Santiago de Compostela ás 20h. O grupo compostelán de pop independente, gañador dos Premios da Música Martín Códax en 2014 na categoría indie-pop, toca co formato completo por primeira vez nun ano nesta cidade, e presentará os temas do seu último traballo, o LP O disco vermello, un ano despois da súa publicación.

Este tamén é un concerto especial para a banda por ser a despedida “oficial” de Álex Charlón, cantante da banda desde os inicios até finais de 2014. Acompañarán a Ataque Escampe as bandas The Lost Omelette-makers e Vozzyow.

O xoves 18 de xuño, a banda presenta, canda ao artista plástico Misha Bies Golas, Relatos americanos. Trátase dun libro en edición limitada (300 exemplares) que combina 36 láminas con colaxes de Misha Bies Golas con outros tantos textos coas historias on the road do grupo Ataque Escampe. O proxecto vai acompañado por unha suite musical instrumental que se pode descargar cun código que se facilita no libro. O libro foi financiado por unha campaña de crowdfunding, a cargo de Ith Crowdfunding, que rematou en febreiro, e estará dispoñíbel a partir do 18 de xuño ao prezo de 15 euros. A presentación terá lugar na libraría de NUMAX (Concepción Arenal, 9, baixo).

Sobre Relatos americanos: “Relatos americanos é un universo estraño. Colaxes, textos e música narran unha viaxe por paisaxes agrarias e industriais onde todo funciona como a vida mesma: mal. Basta con pór un non onde antes había un si para que naza o desacougo. As imaxes dun fotógrafo estadounidense deformadas por Misha Bies Golas e as fabulosas experiencias nos escenarios do grupo Ataque Escampe serán o motor do caos. De fondo, o son retro-futurista do sintetizador modular Serge conduce a banda sonora desta road movie que comeza xa”.

Sobre Ataque Escampe: “As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011), Noites de agosto con Ataque Escampe (2012) ou O disco vermello (2014), entre outros. En 2014 gañaron na categoría indie / pop dos Premios da Música Galega. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onde vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro”.


Sobre Misha Bies Golas: “Misha Bies Golas é autor de varias publicacións e proxectos (27 Negros, Un avión de Feldmann, A modo de conclusión e Grosso modo), ten exposto o seu traballo de xeito colectivo e individual en diferentes espazos como o MARCO, CGAC, CARPE DIEM, FAC PEREGRINA, SALÓN, UN DISPARO DE ADVERTENCIA e LOUIS 21 THE GALLERY”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.