1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

eduardo iiGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela comeza este mércores 10 de xuño co filme Eduardo II (Edward II, Reino Unido, 1991), de Derek Jarman,un ciclo sobre o sexo como instrumento de dominación que ocupará todo o que resta do mes. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


Na Inglaterra do século XIV, o rei Eduardo II mantén unha relación amorosa con Piers Gaveston, un rapaz de orixes humildes mandado ao exilio polo seu pai, e ao que fai retornar ao país elevándoo socialmente con varios títulos. A raíña, ciumenta de que o rei poña a Gaveston diante dela, acepta o plan do seu amante para se librar do rapaz e, posteriormente, derrocar o rei e tomar o poder no país.

Con esta adaptación da obra homónima de Christopher Marlowe, na que se introducen voluntariamente toda clase de anacronismos, como mesturar na ambientación e os vestiarios os estilos da época isabelina e o século XX, Derek Jarman traza unha analoxía entre a Idade Media e a actualidade para denunciar a persistencia das actitudes condenatorias cara á homosexualidade, o sexo, o pracer e o pecado.

Un filme ao tempo político, poético, experimental e visualmente atrapante, Eduardo II constrúe unha obra que pode semellar ás veces teatral, co mantemento dos diálogos isabelinos e a súa declamación, e cunha especial fixación nos escenarios, que se moven entre o decorado e unha laberíntica prisión. Mais a partir deste raizame teatral, Jarman erixe unha obra completamente cinematográfica, conseguindo xeitos novidosos de usar os elementos do cinema, especialmente a través do ritmo e da composición dos planos.

Derek Jarman naceu en Northwood, Inglaterra, en 1942e estudou no King's College de Londres e na Escola Slade de Arte. Escritor, poeta, actor, escenógrafo, diseñador, e pintor ademais de director, nos anos 70 abre un estudio artístico en Butler's Wharf, Londres, e forma parte do círculo social de Andrew Logan. Por eses anos comeza a realizar os seus primeiros filmes experimentais en Super 8, e en 1976 dirixe a súa primeira longametraxe, Sebastiane, falada totalmente en latín e co martirio de San Sebastián como tema central.

A este seguirán outros títulos nos que Jarman vai definindo o seu peculiar e desbocado estilo, como o filme punk Xubileo (1978), no que a raíña Isabel viaxa a un futuro apocalíctico ou a adaptación da obra de Shakespeare A tempestade (1979). Despois dun período no que volve á realización en Super 8, consegue financiamento e volve ás longametraxes con Caravaggio (1986), co que inicia unha liña máis narrativa, na que incidirá con O último de Inglaterra (1988), Requiem de guerra (1989), Eduardo II (1991) e Wittgenstein (1993). Afectado moi profundamente pola súa condición de seropositivo, diagnósticada desde finais dos 80, realiza o seu último filme, Azul (1993), consistente nunha única imagen fixa dun fondo azul intenso, tralo que falecerá a comezos de 1994.

A seguinte cuarta feira, 17 de xuño, o Cineclube continúa con este ciclo co filme W.R.: Os misterios do organismo (W.R. - Misterije organizma, Iugoslavia, 1971), de Dušan Makavejev, no que o realizador iugoslavo explora a relación entre a política dos países do bloque comunista e a sexualidade, inspirado na obra e a vida de Wilhelm Reich.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.

XUÑO 2015

 

Mércores 10 de xuño ás 21:30 no Pichel
Eduardo II
(Edward II, Derek Jarman, Reino Unido, 1991, 90', VOSG)

Mércores 17 de xuño ás 21:30 no Pichel
W.R.: Os misterios do organismo
(W.R. - Misterije organizma, Dušan Makavejev, Iugoslavia, 1971, 85', VOSG)

Mércores 24 de xuño ás 21:30 no Pichel
Tearoom

(Tearoom, William E. Jones, EUA, 2007, 56', VO)

A caída do comunismo vista a través do porno gay

(The Fall of Communism as seen in gay pornography, William E. Jones, EUA, 1998, 19', VO)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.