1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

difundecGaliza - Ateneu Ferrolano - A obra municipal de restauración do edificio sede do Ateneo Ferrolán obrigou á entidade a retirar todo o seu patrimonio (hemeroteca, biblioteca, arquivos e enseres) e trasladalo a unha empresa de mudanzas. A negativa do concello (promotor da obra) a asumir estes gastos levou a que a empresa Mudanzas Félix demandase ao Ateneo e a entidade foi condenada ao pagamento de máis de 39.000 euros. 


Diante desta débeda e para evitar o embargo do seu valioso patrimonio, o Ateneo está poñendo en marcha unha campaña de recollida de axudas que poida permitir a recuperación dos bens almacenados en seis contentores dende hai xa cinco anos.
 
A campaña centralizase na web https://achegas.ateneoferrolan.org/, a través da cal o Ateneo solicita a axuda das persoas preocupadas pola situación económica da entidade, quen poden colaborar a través desta web facendo contribucións con tarxeta de crédito ou transferencia bancaria, e incluso mediante a moeda virtual “faircoin”. O Ateneo recolle doazóns tamén na secretaría da entidade na súa propia sede.
 
Por outra banda, a solidariedade da xente de Ferrol está expresándose de moi diversos xeitos: o Teatro Estaleiro da Sociedade Grupo Bazán celebrou unha función benéfica no Ateneo Ferrolán o pasado 22 de maio, representando “Oé, oé, oé”.
 
Diversas sociedades culturais da cidade presentaron unha solicitude para poder utilizar o Auditorio de Ferrol o día 15 ou o día 16 de maio para unha gala solidaria co Ateneo sen que a súa petición fora contestada polo Concello, malia que o Auditorio non rexistrou ningunha actividade nestas datas.
 
Os actos de solidariedade co Ateneo continuarán o vindeiro de 27 de xuño coa celebración dunha xornada de festa, cultura e solidariedade no Seixo, para a que se conta coa colaboración da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. A directiva do Ateneo Ferrolán fai un chamamento a toda a cidadanía a participar nesta xornada de festa, así como a todas as xentes da cultura que queiran colaborar na iniciativa.  

Dende o Ateneo Ferrolán agradecen profundamente a solidariedade da xente e dos colectivos coa entidade, representativa da sensibilidade para coa cultura que sempre caracterizou a súa sociedade. Pola súa parte, continuarán traballando para que a actividade cultural do Ateneo Ferrolán poida axudar modestamente á prosperidade da bisbarra e das súas mulleres e homes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.