1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

axouxereimagemGaliza - Axóuxere - No mes de Febreiro deste ano 2015 realizouse un evento ao longo do mes, enfocado na cuestión das artes vivas ou escénicas, no contexto da Cidade da Cultura do Gaiás.


Varias voces vinculadas con ese sector, dentro de Galiza, comezaron a ver a falta de claridade comunal, exposición horizontal e apertura creativa que tal proceso implicaba dentro do ámbito galego da creación escénica, malia o discurso dos organizadores tentar facer ver o contrario, a saber, que o evento Escenas do cambio era revolucionario e profundamente transformador da nosa situación cultural e creativa con relación ás artes escénicas.

O IGAPA (Instituto Galego de Praxe Actual), colectivo desterritorializado e contrahexemónico no que están involucrados múltiples actores sociais galegos relacionados coas praxes artísticas, emitiu un comunicado no día 4 de marzo dando a coñecer a súa postura con relación á que consideran é unha mala práctica cultural dentro dun contexto pauperizado como é o da xestión e creación cultural galega.

Axóuxere, facéndose eco do chamado, pon a disposición os seus medios e envía a todos os seus contactos esta información, coa intención de que a crítica (con carácter realmente transformador) aconteza neste pequeno lugar do mundo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.