1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130610_vinho_cuncaGaliza - A Peneira - Hai documentos que datan a tradición de vender o viño caseiro excedente, os denominados furanchos, en catrocentos anos de antiguidade.


Diso saben moito no sur de Pontevedra, nas zonas de Redondela, o Morrazo, o Salnés e noutras. Teñen en común unha ponla de loureiro na porta, o bó ambiente próximo á troula que aínda contan con morriña os nosos avós, e un viño dos que xa non se ven nas tabernas despois das sucesivas leis que acotaron a venda desta bebida sen as súa correspondente etiquetaxe.

Que aconteceu no noso país, coñecido pola conservación das prácticas con máis raigame, para que os que manteñen ese costume den a voz de alarma? Como en tempos de Castelao a culpa é das leis. “Hai dous anos o anterior goberno da Xunta quitou, a petición da patronal dos hosteleiros, un Decreto pola que só podías vender viño e non acompañalo con ningunha tapa como é tradición”. Quen así fala é José Luís Videira, Presidente da Asociación de Furancheiros de Pontevedra, unha entidade que conta  con asociacións do Morrazo, Sanxenxo, Meaño e Redondela. En total uns 200 furanchos rexistrados.

Desacordos

Algúns furancheiros síntense enganados polos políticos. “Naquel momento tivemos varias xuntanzas co grupo parlamentario tanto do PSdeG, do BNG como do PP que estaba na oposición. Os populares mesmo presentaron preguntas no Parlamento e nos apoiaban”, conta José Luis. Daquela a primeira norma tivo que ser modificada por unha circular que aceptaba “o libre consumo dos furanchos dos alimentos achegados polos seus siareiros”. A organización deste sector fixo que se presentaran documentos que confirmaban a tradición de consumo de certos alimentos sinxelos de preparar nos propios lugares onde se servía o viño. “Non tiña moito sentido”, asegura José Luís, “que se permitira vender produtos etiquetados ou de catering. Nós queriamos manter a tradición de ofrecer chourizo, zorza, orella ou tortilla para acompañar o consumo de viño”, sinala.

O funcionamento dos furanchos estivo consentido polos concellos que eran os que daban a licenza de apertura e garantían cales eran as tapas que podían servir segundo a tradición de cada zona. Ademais, segundo apunta o Presidente da Federación de Furancheiros, a propia Consellería de Sanidade, na súa Delegación en Pontevedra, envioulles un documento no que  autorizaba “a elaboración de alimentos nestes establecementos sempre e cando cumpliran cos requisitos hixiénico-sanitarios”.

Chegado o cambio de goberno na Xunta, os furancheiros pensaron que o PP mantería as súas promesas pero polo de agora síntense decepcionados. “Agora, da noite a mañá, despois de ter varias reunións coa Secretaria Xeral, presentarlle propostas e un manifesto asinado por máis de 4.000 sinaturas, a nosa sorpresa é que hai uns quince días contestan denegando todo o que antes aplaudían”. José Luís está a falar do novo Plan de Hostelería que, ao seu parecer, “con esta nova lei bórrannos do mapa”.

A Lei da discordia

A nova norma coa que están descontentos os furancheiros é a modificación da Lei de Turismo 14/2008 presentada polo propio Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, “como unha reforma que proporcionará maior flexibilidade e axilidade ás realidades do sector”. En concreto, no propio texto, fálase do tema nos seguintes termos:

“O capítulo V ocúpase das empresas de restauración mantendo as categorías de restaurantes, cafetería e bares pero derrogando a figura de furancho como empresa de restauración, pois a orixe e razón de ser deste tipo de negocio non pode incluírse dentro do que se entende por empresa turística tal e como se recolle no artigo 22 nin o concepto que a propia Lei da no artigo 43 de empresas de restauración. Ademais os furanchos son unha especialidade moi concreta dunha zona xeográfica de Galicia e a Lei ten necesariamente vocación xeralista”.

É a única referencia aos furanchos e déixaos fóra da posibilidade de “subministrar en establecementos, abertos ao público en xeral, comidas e bebidas, mediante prezo, para ser consumidas no propio local ou anexos dependentes do mesmo”.

Non se sabe se por contentar aos furancheiros ou por tentar manter a paz no sector, días despois de presentar esta reforma o propio Roberto Varela dicía sentir “unha gran sensibilidade co tema” xa que estes locais “forman parte da cultura e da realidade de Galicia; os furanchos seguiraos habendo e eu así o desexo porque son do Salnés e teño unha especial predilección por eles”. Iso si, fóra  da nova Lei de Turismo de Galicia.

A discordia continúa agora cos propios hosteleiros que, despois desta reforma, tampouco están contentos. “A Asociación Sectorial de Hostelería da Provincia de Pontevedra (HOSA) e a Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia (OAP GALICIA), no ven cumplido o seu desexo”, sinala José Conde García, presidente da OAP nun comunicado. Segundo apunta o empresario os furanchos “tiñan que actualizarse e darse de alta como restaurantes, bares ou cafeterías”.

A solución

As denuncias da patronal da hostelería por “competencia desleal” son infundadas, segundo din os propios furancheiros. Iso si, teñen claro que hai que ir a polos que si se aproveitan. “Algúns establecementos que se fan pasar por furanchos, poñen unha ponla de loureiro na entrada e fan de restaurantes clandestinos”, asegura José Luís Videira. Para evitar este tipo de irregularidades a propia Federación, a través das súas asociacións, vixían que os seus membros sigan a tradición e non se aproveiten. Os furancheiros pensan que a súa actividade non perxudica a ninguén xa que abren poucos días, só mentras teñan excedente, e manteñen un estilo de vida san. “Que eu saiba nunca houbo unha intoxicación nun furancho con salmonella...”, asegura con retranca o Presidente da Federación de Furanchos de Pontevedra.

O 31 de xuño remata a tempada de furanchos que comezou o 1 de decembro. Para o seguinte coincidirá coas eleccións municipais polo que veremos que pasará con esta vella tradición vitivinícola galega. Os consumidores, por se a alguén non lle quedou claro, queremos seguir tendo a opción de non ver diante o cartel de “prohibido cantar” e de compartir mesa longa con calquera que coñezamos diante dunha cunca de viño.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.