1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121215 penaGaliza - LEG - Desde as principais organizacións estudantís da Universidade da Coruña amosamos o noso rexeitamento ao modelo de Universidade proposto polo candidato Daniel Pena.


Un modelo afastado do espírito público, galego e feminista que queremos para a nosa Universidade.

As propostas desta candidatura demostran un enfoque lonxe dos problemas reais do estudantado, como son, a día de hoxe, o transporte público, as bolsas e unha residencia pública; abordando estes temas cunha visión abstracta e descontextualizada. Pola contra, preocúpanos atopar nesta candidatura un excesivo interese por incrementar as relacións da institución co sector privado, tanto a nivel docente como de financiación, pretendendo converter a Universidade nun cortello para grandes empresas e intereses económicos alleos á nosa formación académica.

Unha concepción elitista da Universidade, que se reflicte na función que atribúen ás bolsas, desposuíndoas de calquera contido social e outorgándolles un carácter meramente competitivo. A Universidade debe garantir a integración de todas as capas da sociedade e non atender só a criterios de excelencia.

Non formula medidas específicas para o apoio e promoción da lingua galega. Se as medidas tomadas ata o de agora para dinamizar o galego na Universidade foron insuficientes, ignorar o problema non reverterá esta situación, e amosa un intento deliberado de marxinar a nosa lingua.

Tampouco aportan medidas reais en política de igualdade entre xéneros, o cal supón un retroceso grave nesta materia. A falta de sensibilidade cara este tema evidénciase na composición do seu equipo reitoral, que non só non respecta a paridade, senón que deixa de lado a unha gran parte da comunidade universitaria.

Especialmente grave é a omisión da residencia pública no programa, sen dúbida o problema máis específico do estudantado do campus da Coruña. Se ben hai un proxecto de residencia, este non é suficiente como para que un candidato a reitor considere resolta a cuestión. O outro grande problema da nosa Universidade é a precariedade do transporte público, que se equipara no programa a problemas menores, o cal demostra a indiferenza do equipo de Pena ante esta problemática que nos afecta día a día.

Por todo o mencionado animamos ao estudantado da UDC a non apoiar a candidatura de Daniel Pena para a reitoría, que de gañar suporía un grande retroceso na construción dunha Universidade pública, galega, democrática e de calidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.