1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

sementevigoGaliza - Semente Vigo - O pasado mes de setembro a Semente Vigo iniciou a súa andaina como espazo educativo en galego para crianzas de 2 a 6 anos. Como é sabido o espazo atópase localizado no barrio de Teis. Ao longo destes dous meses a actividade da Semente vaise multiplicando grazas ao traballo das persoas que sustentan o proxecto e deseñan a actividade de mañá e tarde de forma totalmente voluntaria.


A Semente Vigo é unha iniciativa social sen fins lucrativos que ten como eixo fundamental que todas as actividades serán desenvolvidas na lingua do noso pobo, favorecendo a adquisición, conservación, coidado e consolidación da mesma. A máis, son un espazo dunha pedagoxía transformadora ao servizo dos intereses populares que se basean en principios pedagóxicos como a coeducación, laicidade, asemblearismo, interacción coa natureza, autorregulación das crianzas ou o traballo comunitario.

Durante o mes de novembro vanse poñer en marcha unha serie de actividades educativas para as tardes que poden ser de interese para aquelas familias que teñan crianzas e desexen que aprendan en galego. As actividades son moi interesantes e poden ser consultadas na web: https://www.facebook.com/semente.vigo e pedindo información a sementevigoactividades@gmail.com  ou no teléfono: 651 191352

Por outra banda a Semente Vigo está en plena campaña de recadación de fondos para sufragar os gastos derivados da reforma do espazo e a consolidación do proxecto. Para isto púxose en marcha o 31 de agosto unha campaña de crowdfunding a través da plataforma Goteo na que se levan recadado máis de 7.000 euros a través das achegas voluntarias que realizadas por máis de 125 persoas. As persoas que axudan a financiar o proxecto poden recibir coa súa achega un pequeno agasallo como libros, participación nalgunha actividade ou un lote de produtos ecolóxicos. A campaña remata o 10 de novembro e precisan chegar aos 10.000 euros. As persoas interesadas en colaborar nesta iniciativa poden facelo a través do seguinte enlace: https://goteo.org/project/semente-vigo, onde ademais poderán coñecer máis en profundidade o proxecto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.