1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011015 unidGaliza - Diário Liberdade - [Jacobo A. Garcia] O proxecto, autodenominado “Asembleas de base”, ten como obxectivo a creación dunha “organización estudantil de masas” que faga fronte, mediante a mobilización social, ao plan de axuste e recortes que temos sufrido no último período o estudantado galego, así como ao ataque españolista á lingua galega.


As organizacións nacionalistas (LEG, Agir e Comités) son as principais impulsoras deste proceso. Con esta declaración prevese a súa disolución para facilitar a loita estudantil unitaria e crear unha organización que sume a forza de estudantes de secundaria e universidade, con obxectivos similares, como a derrogación da LOMCE ou a paralización do 3+2 e a estratexia universitaria 2020. Por outra banda, teñen realizado un chamamento ao resto de organizacións e sectores independentes para acadar máis apoios cara unha construción máis ampla.

A primeira reunión realizouse en Santiago de Compostela, cunha asistencia próxima ás 200 persoas. Esta cidade ten sido o principal núcleo de mobilización estudantil, con asembleas de centro en cada facultade permanentes con numerosa afluencia.

Realizouse tamén unha reunión en Vigo, onde a asistencia foi máis moderada, arredor dunhas 30 persoas. Estas foron as primeiras dunha serie de asembleas que se realizarán nos principais núcleos de poboación galegos.

A asemblea de Vigo

A asemblea de Vigo do novo movemento, permite coñecer os puntos máis importantes que expón “Asembleas de base” e por que pode ser útil para o movemento de loita estudantil.

No seu manifesto nacional recoñécese a defensa dos dereitos nacionais de Galiza e a aposta pola soberanía nacional, unha forma de organización asemblearia, a definición feminista para a superación do sistema patriarcal e un especial fincapé na mobilización social para acadar os obxectivos que se marque o estudantado galego.

Estes son: a gratuidade dos estudos universitarios e a anulación das taxas, o aumento do orzamento de bolsas e axudas, a supresión da financiación pública aos centros concertados, a democratización dos órganos de goberno das universidades (para que exista unha maioría estudantil), a aposta por unha plena normalización lingüística do galego en todos os niveis do ensino, a eliminación da selectividade e a consecución dun ensino antipatriarcal, para eliminar definitivamente os roles de xénero na nosa sociedade.

Cabe destacar tamén que se tratou un tema de especial importancia para o estudantado en Vigo: a demanda dun transporte público para desprazarse á universidade, de balde, con máis frecuencia de autobuses e con medidas de seguridade apropiadas. De feito, non é a primeira vez que explota o motor dalgún vehículo da compañía de autobuses local Vitrasa, con xente dentro, dirixíndose cara á universidade. Incidentes que afortunadamente non produciron vítimas.

Nesta reunión asistiron membros de distintas organizacións estudantís e xuvenís, adscritas a partidos políticos da esquerda galega (Anova, BNG) ou non, que manifestaron a súa aprobación co manifesto e os obxectivos deste proxecto, que pretende erixirse como o referente do movemento estudantil.

Puidera parecer que 30 persoas é unha cifra modesta para unha organización que pretende asumirse “de masas”, mais tendo en conta a crise do movemento estudantil en Vigo no último tempo, é positivo que organizacións de tradicións ideolóxicas diversas e sectores independentes sumen forzas para conquistas fins comúns.

Ábrese pois, dende este intre, un escenario máis favorable para a loita do estudantado polos seus dereitos. Pero tamén ábrense retos sobre as tácticas a seguir e en relación á realización dun programa máis detallado de reivindicacións.

O impulso firme da loita polas demandas estudantís, pero tamén de cara a superación do sistema actual de ensino, ao servicio das elites económicas e dirixido dende Madrid, para a construción dun sistema educativo ao servizo da clase traballadora e os sectores oprimidos, que rache co atraso patriarcal e asuma os nosos dereitos nacionais e lingüísticos, son algúns destes desafíos.

Sen lugar a dúbidas estes son grandes obxectivos que só poderán acadarse mediante a mobilización social continuada e a organización horizontal dos e das estudantes e a xuventude. Cun programa de loita decidido en asemblea, e cunha folla de ruta independente das cúpulas da burocracia sindical traidora (CCOO e UGT), así como dos ritmos electorais e as limitacións da democracia parlamentaria.

Deste xeito, de seguro que terán lugar numerosas e combativas folgas estudantís que fagan tremer aos poderosos. E aínda máis se esta nova organización estudantil busca a unión co resto de loitas, como as folgas obreiras ou a loita contra a privatización sanitaria.

A xuventude obreira e estudantil somos o futuro da actividade económica do noso pobo. Podemos ter como perspectiva seguir aumentando os beneficios económicos dos nosos xefes, ou podemos pór en cuestión o dominio de políticos corruptos e explotadores capitalistas. Non foron poucas as veces que se ergueu este sector social e iniciou procesos importantes de loita. Na Galiza e no mundo, a nosa determinación pode rematar coa penosa situación que se nos impón. Xuntos, a clase traballadora, as mulleres e a xuventude.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.