1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210915 xgnGaliza - ProGal - Estes días está a celebrarse en Silleda a maior party informática galega, o Xuventude Galicia Net., que a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais.


De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galiza Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento. A exclusión do galego non se deu ata agora, pois abonda con consultarmos o timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobarmos como daquela se dirixían con toda normalidade en galego aos seus seguidores.

O Xuventude Galiza Net conta co apoio da Xunta, que asinou un convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e o vicepresidente Alfonso Rueda visitaron o recinto feiral de Silleda ratificando coa súa presenza que apoian a expulsión da lingua galega.

Dóenos moito que quen debería ser o principal valedor do galego, a Xunta de Galiza, rompa unha vez máis con ese compromiso que está na cerna da súa razón de ser. Que foi da ratificación legal de prestar todos os servizos públicos preferentemente en galego publicada nun DOG no pasado mes de abril? Xa é papel mollado? Tamén nos doe que entidades públicas como a Deputación de Pontevedra ou o Concello de Silleda actúen como mudos patrocinadores dun novo desprezo á lingua propia de Galiza.

Campañas como a de #EmpápateCoGalego, posta en marcha pola fundación de ABANCA para celebrar o Día das Letras Galegas, ou a colaboración de Coca-Cola coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para o concurso Novos Talentos de Relato Curto fican sen credibilidade se por outra banda se aposta pola financiamento dun evento coma este que refuga do galego.

A plataforma apartidaria ProLingua arela que a Xunta de Galiza, e o mesmo outros organismos que deberían ser exemplo no uso normalizado do galego, non patrocinen eventos que salientan pola ausencia da nosa lingua.

ProLingua, 20 de setembro do 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.