1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070915 materialGaliza - STEG - Acusa á Consellería de Cultura, Educación e O.U de discriminar ao alumnado que repite 2º e 4º cursos de ESO, que non poden solicitar libros do fondo solidario.


  • Unha medida que afonda nas desigualdades que a administración educativa insiste en instaurar no ensino público galego

  • Solicita a apertura dun prazo extraordinario para a solicitude de libros de texto do fondo solidario regulado pola ORDE do 21 de maio de 2015.

STEG xa rechazou o pasado xuño as ordes publicadas no día 1 dese mes que regulaban o acceso ao fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a compra dos mesmos. Xa naquel momento crticamos a persistencia na eliminación dun verdadeiro programa de accesouniversal a libros de texto e a improvisación continúa coa que actuaba (e continúa a actuar) a administración.

A falta duns días para que o alumnado volva ás aulas apréciase que a Consellería de Cultura, Educación e O.U continúa coa súa política discriminatoria no ensino público galego. Neste caso, repercute no alumnado que ten que repetir os cursos de 2º e 4º da ESO.

  • O alumnado de 2º e 4º de ESO que repita curso e non tiver solicitado a súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes do 30 de xuño (tal e como recolle a Orde do 21 de maio), non poderá acceder ao mesmo.

  • A este alunado, que ate a primeira semana de setembro non tería a certeza de se ía a repetir ou non, non se lle permite agora solicitar a súa inclusión no programa, véndose de facto expulso do mesmo.

O STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza) rexeita estas ordes que regulan os fondos solidarios e as axudas para a adquisición de libros de texto como xa fixo antes do verán, reclamando unha política eficaz na que o material escolar se refire?, que recolla o dereito a un ensino público, gratuito e de calidade en toda a etapa obrigatoria e que garanta a obtención de material didáctico para todo o alumnado matriculado en centros públicos.

Pero mentres non é efectivo este dereito, STEG reclama que se acabe coa política de discriminación do alumnado no ensino público, e se abra unha fase extraordinaria de solicitude de adhesión ao fondo solidario para o alumnado que repite 2º e 4º ESO, unha medida que non tería custo económico para a Consellería, xa que eses libros xa forman parte do fondo solidario dos propios centros.

Secretariado Nacional do STEG, 7 de setembro de 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.