1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

791ed88a538b50f7fc6cb22838bfacfea2033e4bGaliza - Prolingua - ProLingua denuncia a crecente desgaleguización da Feira do Moble da Estrada. Quen organiza a Feira do Moble da Estrada, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, quere que sexa Feria del Mueble, cando todo, organización e divulgación, se viñan facendo con normalidade en galego. É por isto que solicitan "que interrompan a difusión da cartelería e o resto da documentación e a substitúan por outra que non atente contra a dignidade dun pobo que sustenta os fondos cos que se nutre a Fundación". Atopan moi grave que se utilice no dossier o topónimo La Estrada, que mesmo cando se emprega en castelán debe ser A Estrada, por non falar do cartel sexista que ilustra a información.


Chegou a ProLingua a información de que para indicar o lugar no que se celebra a Feira do Moble na vila da Estrada vénse colocando desde hai uns anos un cartel na N-640 co lema Feria del Mueble. Tendo en conta a proximidade da celebración da edición deste ano a organización quere ser voz de denuncia deste agravio contra a lingua da nosa terra.

Aínda máis alarmou que a entidade organizadora da Feira, a Fundación de Exposición e Congresos da Estrada, decidise este ano dar un paso máis nesta política antigalega ao comezar a difundir carteis e manuais que anuncian a celebración da Feira en castelán, cando esta divulgación viña facéndose con toda normalidade en galego nas anteriores celebracións do evento. Que foi o que sucedeu para que se producise esta involución? De Prolingua pensan que deben darse explicacións deste cambio de actitude. As explicacións deberían estenderse ao Dossier promocional, tamén exclusivamente en castelán, que contén a agravante da denominación da vila cos ilegais topónimos de *La Estrada ou *Villagarcía de Arosa. Isto último resulta aínda máis insultante de termos en conta que o 72% das empresas que participan na Feira son galegas.

Por se todo o relatado non fose xa suficiente, un dos momentos culminantes da Feira do Moble é o da entrega do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”, un galardón con tradición e vocación normalizadora ao que só se poden presentar artigos publicados en galego. En ProLingua consideran que non debería darse o caso contraditorio de que a mesma institución que desde hai 20 anos concede este premio mostre unha actitude, xa non de desleixo, senón incluso agresiva, en contra da potenciación e uso do galego.

Necesítanse explicacións claras e detalladas das razóns que levaron á Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada a iniciar unha etapa de enfrontamento coa lingua. Prolingua solicita que interrompan a difusión da cartelería e o resto da documentación (o referido dossier, os contratos...) e a substitúan por outra que non atente contra a dignidade dun pobo que sustenta os fondos cos que se nutre a Fundación. Finalmente, agardan desta mesma entidade e daquelas que a sosteñen (Concello da Estrada, Asociación Comarcal de Empresarios, Consellería de Economía e Industria, Cámara de Comercio de Vilagarcía e Deputación de Pontevedra) unha maior sensibilidade e respecto coa lingua de noso.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.