1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

11046712 854198368000493 5511027136046661720 oGaliza - CNM - Unha vez máis o Concello de Marín incumpre a Ordenanza de Normalización Lingüística coa nova rotulación dos paneis informativos das praias.


O Colectivo Nacionalista de Marín demanda unha rectificación e o cumprimento da Ordenanza De Normalización Lingüística Do Concello De Marín e da Lei de Normalización Lingüística na rotulación dos paneis informativos das praias de Marín recentemente colocados pola Concellaría de Turismo.

Mal comezo para esta corporación que volve cos mesmos “erros” da lexislatura pasada, tendo que repoñer os rótulos de varias rúas por colocalos de xeito “ilegal” incumprindo tamén a ordenanza municipal.

Mal comezo para a Concelleira de Turismo que debería ter coñecemento das normas que rexen o concello e polas que ten que dirixir as súas actuacións, e non anunciar publicamente como se fose un gran logro a colocación de paneis que incumpren a norma.

Hai que lembrarlle que a ordenanza municipal que tantas veces incumpren di no seu artigo XX: “Os rótulos, sinalización da Casa do Concello, dos outros edificios e servizos públicos e da rede viaria municipal dependentes do Concello ou instalados polas súas empresas adxudicatarias ou concesionarias ou calquera outra entidade, serán redactados en idioma galego, cinguíndose sempre á normativa oficial. Os textos dos rótulos e sinalización deberán, en todo caso, ser revisados lingüisticamente polo persoal do Servizo de Normalización Lingüística”

Lembrarlle tamén ao goberno municipal que a Lei de Normalización Lingüística que teñen que cumprir di expresamente “que o Goberno Galego e as Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras...”

Tendo en conta estes feitos, que se veñen reiterando desde hai tempo, coa rotulación dos nomes de rúas, carteis de actos do concello e impresión de folletos turísticos exclusivamente en español, e visto o programa de festas, cunha pésima redacción e cheo de faltas de ortografía, preguntánse, do CNM, porque o concello de Marín prescinde da área de normalización lingüística neste mandato.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.